Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «baixo continuo».

  Locución substantiva masculina

baixo continuo

  1. (Música) O baixo continuo (ás veces aparece abreviado b. c.) consiste nunha codificación da harmonía. A súa orixe data do período barroco. Ao empregar esta técnica, o compositor crea a voz de baixo pero non especifica o contrapunto ou os acordes do ripieno, que deixa a cargo do ou dos intérpretes. O baixo continuo pode estar cifrado, con cifras anotadas que representan a posición das notas dos acordes correspondentes, para guiar ao executante.
 
Exemplo tomado dunha obra de Buxtehude. O compositor escribiu soamente a parte solista e a voz de baixo