bicarbonato sódico
Galego
- Etimoloxía: composto de bicarbonato e sódico.
bicarbonato sódico (sg: bicarbonato sódico; pl: bicarbonatos sódicos)
- (Alimentación) (Química) (Medicina) Composto sólido cristalino, de cor branca moi solúbel en auga, cun lixeiro sabor alcalino parecido ao do carbonato de sodio de fórmula NaHCO3. Emprégase na industria alimentaria como gasificante, así como antiácido estomacal. Coñécese polo número CE: E-500.