caíño bravo
Galego
- Pronuncia: /kaˈiɲo̝ ˈbɾaβo̝/ (AFI)
caíño bravo (sg: caíño bravo; pl: caíños bravos)
- (Alimentación) Variedade autóctona galega de uva tinta. De maduración serodia, o seu rendemento é baixo. Ten acios de tamaño mediano e non moi compactos. Os seus bagos presentan cor azul escura. Dálle ao viño un sabor acedo ou agridoce. Emprégase para facer viños do Ribeiro e das Rías Baixas.
- (Alimentación) Caíño.