• Portada
  • Ao chou
  • Acceder ao sistema
  • Configuración
Doa agora Se este sitio é útil para ti, fai unha doazón.
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias
Wiktionary

caber

  • Lingua
  • Vixiar
  • Editar

Galego

  •   Pronuncia: /kaˈβeɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

caber

  1. Ter as dimensións axeitadas para pasar por un lugar.
    • Exemplo: A cama non cabía pola porta, así que a meteron pola fiestra.

    • Sinónimos: coller.
  2. Ter as dimensións axeitadas para estar contido nun espazo.
    • Exemplo: Na miña casa non cabe un libro máis.

    • Sinónimos: coller.
  3. Ser posible.
    • Exemplo: Non cabe dúbida, o árbitro equivocouse durante o partido.

  4. Corresponderlle [a alguén].

Conxugación

Verbo irregular da 2ª conxugación    
Formas impersoais
Infinitivo caber
Xerundio cabendo
Participio cabido, cabida, cabidos, cabidas

Formas persoais
singular plural
primeira segunda terceira primeira segunda terceira
Modo
Indicativo
Presente caibo cabes cabe cabemos cabedes caben
Copretérito cabía cabías cabía cabiamos cabiades cabían
Pretérito couben coubeches coubo coubemos coubestes couberon
Antepretérito coubera couberas coubera couberamos couberades couberan
Futuro caberei caberás caberá caberemos caberedes caberán
Pospretérito cabería caberías cabería caberiamos caberiades caberían
Modo
Subxuntivo
Presente caiba caibas caiba caibamos caibades caiban
Pretérito coubese coubeses coubese coubésemos coubésedes coubesen
Futuro couber couberes couber coubermos couberdes couberen
Modo
Imperativo
Afirmativo cabe caiba1 cabede caiban1
Negativo caibas caiba1 caibades caiban1
Infinitivo conxugado caber caberes caber cabermos caberdes caberen
1 Vostede(s)
Traído desde «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=caber&oldid=700526»
Última edición o 28 de marzo de 2022 ás 03:40

Linguas

    • Català
    • Deutsch
    • English
    • Español
    • Eesti
    • Suomi
    • Français
    • Magyar
    • Bahasa Indonesia
    • 한국어
    • Kurdî
    • Malagasy
    • Монгол
    • ဘာသာမန်
    • မြန်မာဘာသာ
    • Nederlands
    • Occitan
    • Polski
    • Português
    • Русский
    • Svenska
    • தமிழ்
    • Tiếng Việt
    • 中文
    Wiktionary
    • Wikimedia Foundation
    • Powered by MediaWiki
    • A última edición desta páxina foi o 28 de marzo de 2022 ás 03:40.
    • Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario.
    • Normas de protección de datos
    • Acerca de Wiktionary
    • Advertencias
    • Código de conduta
    • Desenvolvedores
    • Estatísticas
    • Declaración de cookies
    • Termos de uso
    • Escritorio