cabezudo

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cabezudo».
  •   Pronuncia: [ka.βeˈθu.ðʊ] (AFI)

  Adxectivo

cabezudo (ms: cabezudo; mpl: cabezudos; fs: cabezuda; fpl: cabezudas)

  1. Que ten a cabeza grande.
  2. (Figurado) Dise daquel que mantén as súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de que está equivocado.

  Substantivo

cabezudo (ms: cabezudo; mpl: cabezudos; fs: cabezuda; fpl: cabezudas)

  1. Persoa que ten a cabeza grande.

  Substantivo masculino

cabezudo (sg: cabezudo; pl: cabezudos)

  1. Cada un dos membros dos grupos de persoas que, disfrazadas e que levan grandes cabezas de cartón, desfilan polas rúas de vilas e cidades nas festas.
  2. (Zooloxía) Muxe.
  3. (Zooloxía) Cágado.