cazón branco
Galego
- Pronuncia: /kaˈθoŋˈbɾaŋko̝/ (AFI)
cazón branco (sg: cazón branco; pl: cazóns brancos)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Tiburón da familia Triakidae. Peixe cartilaxinoso que pode acadar unha lonxitude de 140 cm, de corpo fusiforme, de cor cinsenta, con pequenas manchas brancas polo seu dorso, e branco na súa parte ventral. Cun fociño un tanto redondeado e filas de dentes romos que sobresaen superficialmente, unha crista ríxida, con dúas aletas dorsais, a traseira máis pequena, e a aleta caudal de menor tamaño na súa parte inferior.
- Nome científico: Mustelus asterias.
Traducións
- Asturiano: tolla (ast), tolla pinta (ast), cazón (ast)
- Castelán: musola dentuda (es), musola estrellada (es), cazón blanco (es)
- Catalán: mussola pintada (ca)
- Francés: émissole tachetée (fr)
- Inglés: smooth hound (en), starry smooth hound (en), starry smooth-hound (en)
- Ruso: звёздчатая кунья акула (ru)