Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «codia oceánica».
 
1 - Codia continental.
2 - Océano e, debaixo, a codia oceánica.
3 - Manto.

  Locución substantiva feminina

codia oceánica

  1. (Xeoloxía) Parte da codia terrestre situada baixo os océanos da Terra. Cunha profundidade media de 10 km, comprende o 0,099 % da masa do planeta. O sistema de dorsais oceánicas, unha rede de volcáns de 40 000 km de lonxitude, xera nova codia oceánica a razón de 17 km³ por ano, cubrindo o fondo dos océanos con basalto.

Termos relacionados