Galego

  •   Pronuncia: /ko.in.θi.ˈdiɾ/ ou /ko.in.si.ˈdiɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

coincidir

  1. Ser iguais dúas persoas ou cousas.
    • Exemplo: A súa versión non coincide coa dos que presenciaron o feito.

  2. Estar dúas ou máis persoas de acordo en ideas, opinións, gustos, etc.
    • Exemplo: Aínda que coinciden en case todo non votaron ao nesmo candidato.

  3. Ocorrer dúas ou máis cousas ao mesmo tempo.
    • Exemplo: A publicación do meu libro e a miña viaxe coincidiron co Día da Patria Galega.

  4. Ter a mesma forma ou dimensións dúas ou máis cousas.
    • Exemplo: Os tellados e as ventás das novas casas coindiden coa tipoloxía aldea.

Termos relacionados

coincidencia, coincidente