Galego

  •   Pronuncia: /ko.mi.'sjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

comisión
(sg: comisión; pl: comisións)

  1. Acción ou resultado de cometer.
    • Exemplo: O Tribunal Supremo aumentou as penas pola comisión de delitos de xénero.

  2. Misión que alguén realiza por mandato dunha autoridade.
    • Exemplo: O alcalde realizou unha comisión en Portugal.

  3. Conxunto de persoas que, por delegación dun organismo ou autoridade, ten ao seu cargo a preparación ou xestión de dun asunto.
    • Exemplo: Unha comisión parlamentaria investigará as corrupcións dese partido.

  4. Porcentaxe que cobra o que media nun negocio.
    • Exemplo: De cada contrato que consegue, cobra un 15 % de comisión.

  5. Porcentaxe que un vendedor cobra pola venda de produtos por conta allea.
    • Exemplo: Por cada moble que vende, danlle un 2 % de comisión.

Termos relacionados

comisión comunitaria, comisión de servizo, comisión europea, comisión mercantil, contrato de comisión mercantil, comisión rogatoria, en comisión, pecado de comisión