Galego

  •   Pronuncia: /kon.ˈtor.no/ (AFI)

  Substantivo masculino

contorno (sg: contorno; pl: contornos)

  1. Límite exterior dun corpo ou dun obxecto, e liña que describe ese límite.
    • Exemplo: O contorno dunha mesa.

  2. Zona ou territorio máis ou menos delimitado arredor dun lugar considerado como o núcleo.
    • Exemplo: Os contornos da cidade.

  3. (Lingüística) Conxunto dos elementos da definición que informan sobre o contexto habitual da voz definida, en oposición aos elementos que informan sobre seu contido.
    • Exemplo: O contorno dos verbos transitivos é o complemento directo.

  4. (Informática) Conxunto de elementos dunha aplicación ou sistema informático que definen a súa forma de execución ou presentación.
    • Exemplo: A interface de usuario é unha parte do contorno dun sistema operativo.