Galego

  •   Pronuncia: /kul.mi.ˈnaɾ/ (AFI)

  Verbo transitivo

culminar

  1. Dar fin ou cumio a unha tarefa.
    • Exemplo: Meu neto culminou os seus estudos de piano.

  2. Elevar algo ao seu punto máis alto, de maior interese, intensidade, perfección, etc.
    • Exemplo: Despois de varios anos os artistas culminaron aquela grande obra.

  Verbo intransitivo

culminar

  1. Chegar unha cousa ao seu grao máis alto ou extremado que poiada ter.
    • Exemplo: As súas palabras culminaron cunha frase que se fixo famosa.

  2. (Astronomía) Pasar un astro sobre o meridiano superior do observador.
    • Exemplo: A culminación de Xúpiter varía segundo a situcación do observador e a época do ano.

Termos relacionados

culminación, culminante.