Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «deputado».
 
Gravado do edificio do Congreso dos Deputados de España en Madrid (1843)
  •   Pronuncia: /de.pu.ˈta.ðo̯/ (AFI)

  Substantivo

deputado (ms: deputado; mpl: deputados; fs: deputada; fpl: deputadas)

  1. (Política) Persoa que nos países democráticos é nomeada por elección popular como representante nunha cámara lexislativa (nacional, autonómico, provincial, etc.), cuxo labor consiste en discutir e aprobar as leis que regulan a conduta dunha sociedade dada.
    • Exemplo: Nos países bicamerais os deputados habitualmente integran a cámara baixa, mentres que a cámara alta está integrada polos senadores. Nas últimas eleccións o número de deputadas case igualou ao de deputados.

Termos relacionados

congreso dos deputados, deputado a Cortes, deputado provincial, eurodeputado

Véxase tamén

Traducións