Galego

  •   Pronuncia: /de.ru.'βar/ (AFI)

  Verbo transitivo

derrubar

  1. Tirar ao chan, botar por terra.
    • Exemplo: Dun golpe derrubárono do cabalo.

  2. Esnafrar, botar a terra muros ou edificios.
    • Exemplo: Derrubaron a capela vella para construír unha nova

      .
  3. Facer que caia un froito usando un varal.
    • Exemplo: A miña avoa anda a derrubar as castañas

      .
  4. Facer que abandoe o poder unha persoa ou un goberno.
    • Exemplo: A oposición pretendía derrubar o goberno, pero non o conseguíu

      .

  Verbo pronominal

derrubarse

  1. Virse algo abaixo, caer desfacéndose.
    • Exemplo: O valado derrubouse co forte vento.

  2. Perder o ánimo.
    • Exemplo: Recibiu a mala noticia moi sereno, pero despois derrubouse.

Termos relacionados

derruba, derrubamento, derrubarse.