Galego

  •   Pronuncia: /des.kar.ˈgar/ (AFI)

  Verbo transitivo

descargar

  1. Retirar ou aliviar a carga dun transporte.
    • Exemplo: Xa descargaron os atúns que chegaron antes no camión.

  2. Quitarlle carga a un transporte.
    • Exemplo: Xa descargaron o tractor.

  3. Disparar ou despedir a súa carga unha arma de fogo.
    • Exemplo: O tolo aquel descargou o seu fusil matando todo o que puido.

  4. Sacarlle a munición a unha arma.
    • Exemplo: Antes de gardala pistola, descargouna.

  5. Dar un golpe violentamente.
    • Exemplo: Descargoulle un bo lapote sen vir a conto.

  6. Perder unha batería a súa tensión eléctrica.
    • Exemplo: Onde está o adaptador do móbil, que o teño descargado?

  7. Desafogar sobre alguén a ira.
    • Exemplo: Na casa descarga as súas frustracións co seu home.

  8. Eximirse unha persoa das súas obrigas pasándollas a outra.
    • Exemplo: O director descargou todas as súas responsabilidades nos seus axudantes.

  9. Desfacerse unha nube caendo choiva ou saraiba.
    • Exemplo: Ao final as nubes non descargaron gota ningunha e despexou.

  10. (Informática) Copiar de internet contido disposto para tal fin.
    • Exemplo: Descargou de internet o último libro de Borrazás.

  11. (Vulgar) Exacular.
    • Exemplo: Encántalle descargar no meu cu.

  Verbo intransitivo

  1. Chover ou saraibar abundantemente.
    • Exemplo: Debeu descargar ben onte, que subiu o nivel do río.

Conxugación


Traducións