diagonal
Galego
- Etimoloxía: do latín diagonālis.
- Pronuncia: /dia.ɣo.'nal/ ou /dja.ɣo.'nal/ (AFI)
diagonal
(sg: diagonal; pl: diagonais)
- Que atravesa calquera cousa oblicuamente desde un extremo até o outro.
- (Xeometría) Dise dunha superficie que pasa por dúas arestas non adxacentes dun poliedro.
diagonal
(sg: diagonal; pl: diagonais)
- (Xeometría) Segmento dunha recta que une dous vértices dun polígono ou dun poliedro que non pertencen ao mesmo lado ou á mesma cara respectivamente.
- (Xeometría) Recta que corta a outras paralelas pero non perpendicularmente a elas.
- (Arquitectura) Nervio que cruza diagonalmente e que pasa pola clave, nunha bóveda de cruzaría.
- (Música) Disposición das cordas do piano en dous planos case paralelos, de xeito que as graves pasan en diagonal sobre as medias.