embocadura
Galego
- Etimoloxía: de embocar.
- Pronuncia: /embokaˈðuɾa̝/ (AFI)
embocadura (sg: embocadura; pl: embocaduras)
- Acción e efecto de embocar.
- (Música) Nos instrumentos musicais de vento, parte por onde se sopra.
- (Xeografía) Lugar onde desemboca un curso de auga nun lago ou no mar.
- Sinónimos: desembocadura, foz.
- Parte do freo das cabalarías, que se lles coloca na boca.
- (Alimentación) Sabor do viño.
- Abertura dun escenario de teatro, por onde se pode ver a obra unha vez retirado o pano.