Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «escombro».
 
Escombro
  •   Pronuncia: /esˈkombɾo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

escombro (sg: escombro; pl: escombros)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño, de nome científico Scomber scombrus, pertencente á familia dos Scombridae. Posúe un corpo fusiforme, alongado e relativamente estreito, de cor azul verdosa escura no lombo, con numerosas barras ou liñas sinuosas verticais mouras que non superan a liña lateral; e de cor branca prateada no ventre, sen marcas; parte superior da cabeza negruzca. As escamas son diminutas, case inapreciábeis. A cabeza é afiada, coa boca e os ollos relativamente grandes. Pode acadar os 60 cm de lonxitude e pesos de até 3,4 kg, mais normalmente mide entre 25 e 45 cm, con pesos duns 250-500 gramos.

Sinónimos

Traducións

Véxase tamén

Castelán

escombro1

  Substantivo masculino

escombro (sg: escombro; pl: escombros)

  1. Cascallo, entullo, rebo.

escombro2

  Substantivo masculino

escombro (sg: escombro; pl: escombros)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Cabala, escombro, xarda.