Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «evanxeo».
 
Representación dos catro evanxelistas coa súa correspondente simboloxía: Mateo (home-anxo), Marcos (león alado), Lucas (touro alado) e Xoán (aguia).
  •   Pronuncia: /ɛ.βaŋ.'ʃɛo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

evanxeo (sg: evanxeo; pl: evanxeos)

  1. Historia da vida, doutrina e milagres de Cristo, contida nos catro escritos que levan o nome dos catro evanxelistas Lucas, Marcos, Mateo e Xoán, e que compoñen o primeiro libro do Novo Testamento.
  2. Cada un dos catro libros que contén a historia da vida e a mensaxe de Xesucristo.
  3. Na misa, texto tomado dun dos catro libros dos evanxelistas, que se le despois da epístola e do gradual, e, en certas misas, ao final delas.
  4. Por extensión, relixión cristiá.
    • Exemplo: Converteuse ao evanxeo.

  5. Por extensión, verdade indiscutíbel.
    • Exemplo: As súas palabras son o evanxeo.

Termos relacionados

evanxeos sinópticos