Galego

  •   Pronuncia: /eks.plɔ.'sjoŋ/ (AFI)

  Substantivo feminino

explosión
(sg: explosión; pl: explosións)

  1. Liberación brusca de enerxía que produce un aumento moi rápido da presión, con produción de calor, luz e gases, e que vai acompañada dun grande ruído e de proxección de fragmentos.
    • Exemplo: A bomba produciu unha grade explosión.

      .
  2. Dilatación do gas contido nun dispositivo mecánico co fin de producir o movemento dunha das partes deste, como no motor dun automóbil ou no disparo dunha arma de fogo.
    • Exemplo: Meu coche é de motor de explosión.

      .
  3. Manifestación espontánea e brusca dun estado de ánimo.
    • Exemplo: A actuación do cómico produciu unha explosión de risa no público.

  4. Desenvolvemento moi rápido de algo.
    • Exemplo: Nos países subdesenvolvidos estase a producir uhna explosión demográfica.

  5. (Fonética) Ruído producido pola separación brusca dos órganos de articulación durante a pronunciación das consontes oclusivas.
  6. (Tecnoloxía) Nos motores de combustión interna de catro tempos, terceira fase do ciclo, na que se producen gases que, na súa expansión empurran o pistón.