proxectar
Galego
- Etimoloxía: do latín proiectāre, intensivo de proiicĕre, 'lanzar'.
- Pronuncia: /pɾo.ʃɛk.ˈtaɾ/ (AFI)
proxectar
- Lanzar, dirixir cara a diante ou a distancia algo.
- Exemplo: Unha máquina proxectaba os discos aos que os tiradores debían disparar.
- Exemplo: Unha máquina proxectaba os discos aos que os tiradores debían disparar.
- Reproducir sobre unha pantalla, por medio dun proxector, unha imaxe óptica ampliada de diapositivas, filmes, etc.
- Exemplo: Esta tarde imos proxectar ante a familia as diapositivas que fixemos na viaxe a Roma.
- Exemplo: Esta tarde imos proxectar ante a familia as diapositivas que fixemos na viaxe a Roma.
- Facer un proxecto de arquitectura ou enxeñaría.
- Exemplo: Os arquitectos proxectan edificios. O enxeñeiro de camiños proxectou a nova ponte.
- Exemplo: Os arquitectos proxectan edificios. O enxeñeiro de camiños proxectou a nova ponte.
- Ter intención de facer algo e pensar en todo o necesario para a súa execución.
- Exemplo: Había semanas que proxectaba a viaxe.
- Exemplo: Había semanas que proxectaba a viaxe.
- (Psicoloxía) Atribuír alguén sentimentos, intencións ou estados de ánimo propios a outra persoa.
- Exemplo: O esposo proxectaba as tensións na súa muller.
- Exemplo: O esposo proxectaba as tensións na súa muller.
- (Xeometría) Trazar liñas rectas desde todos os puntos dun sólido ou outra figura, segundo determinadas regras, para obter a súa representación nunha superficie.
- Exemplo: Proxectaremos a esfera terráquea sobre un folio.
- Exemplo: Proxectaremos a esfera terráquea sobre un folio.
Observacións
- Na 1ª acepción son sinónimos despedir, disparar e lanzar.
- Na 4ª acepción son sinónimos planear e idear.
proxectarse