flogopita
Galego
- Etimoloxía: nome creado polo mineraloxista alemán Johann August Friedrich Breithaupt en 1841, do grego antigo ϕλογωπός (phlogopos, "fogo") por alusión á cor de certos espécimes.
- Pronuncia: /floɣoˈpita̝/ /floɣɔˈpita̝/ (AFI)
flogopita (sg: flogopita; pl: flogopitas)
- (Mineraloxía) Mineral da clase dos silicatos, subclase dos filosilicatos , grupo das micas que fundamentalmente contén aluminio e potasio. De cor parda. Pouco frecuente.