Grafías semellantes:     gás nobre

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «gas nobre».
  •   Pronuncia: /ˈɡas ˈnoβɾe̝/ (AFI)

  Locución substantiva masculina

gas nobre (sg: gas nobre; pl: gases nobres)

  1. (Química) Os chamados gases nobres son os elementos químicos, situados no grupo VIII A da táboa periódica dos elementos. Son os seguintes: helio, neon, argon, cripton, xenon e radon. O nome de gas nobre provén do feito de que non tenden a reaccionar con outros elementos e, debido a isto, tamén son denominados ás veces gases inertes, aínda que realmente si participan nalgunhas reaccións químicas.

Traducións