Galego

  •   Pronuncia: /gra'matiko/ (AFI) (masculino)
  •   Pronuncia: /gra'matika/ (AFI) (feminino)

  Substantivo

gramático (ms: gramático; mpl: gramáticos; fs: gramática; fpl: gramáticas)

  1. Persoa que se dedica ao estudo e descrición da gramática.
    • Exemplo: Saco e Arce foi un dos primeiros gramáticos galegos.

  Substantivo feminino

gramática (sg: gramática; pl: gramáticas)

  1. Conxunto de regras que se deben seguir para falar e escribir correctamente unha lingua.
    • {{exemplo|Aprender a gramática.
  2. Libro de gramática.
    • Exemplo: Merquei unha gramática.

  3. (Lingüística) Parte da lingüística que estuda e fixa a estrutura dos elementos dunha lingua e as súas combinacións.
    • Exemplo: Un tratado de gramática latina.

Termos relacionados

gramática descritiva, gramática estrutural, gramática histórica, gramática normativa, gramática transformacional, gramática xenerativa, gramatical