hipótese Gaia
Galego
- Pronuncia: /iˈpɔte̝se̝ ˈɡaja̝/ (AFI)
- Conxunto de modelos científicos da biosfera no que se postula que a vida fomenta e mantén unhas condicións adecuadas para si mesma, afectando á contorna. Segundo ela a atmosfera e a parte superficial do planeta comopórtanse como un todo coherente onde a vida, o seu compoñente característico, encárgase de autorregular as súas condicións esenciais tales como a temperatura, a composición química e a salinidade (no caso dos océanos), comportándose como un sistema autorregulador que tende ao equilibrio.
Observacións
A hipótese foi ideada polo químico británico James Lovelock en 1969 (aínda que foi publicada en 1979), sendo apoiada, ampliada e extendida pola famosa bióloga norteamericana Lynn Margulis (máis coñecida pola súa teoría endosimbiótica) que a elevou a teoría. (A señora Margulis ten, entre outros recoñecementos, o doutoramento Honoris Causa pola universidade de Vigo[1]). Lovelock estaba traballando con ela cando llo comentou ao escritor William Golding, e foi este quen lle suxeriu que a denominase Gaia.
Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Gaia-Hypothese (de)
- Castelán: hipótesis Gaia (es)
- Francés: hypothèse Gaïa (fr)
- Inglés: Gaia hypothesis (en)
- Portugués: hipótese de Gaia (pt)