lombarda
Galego
- Pronuncia: [lomˈbaɾ.ðɐ] (AFI)
lombarda (sg: lombarda; pl: lombardas)
- Feminino de lombardo.
- (Botánica, Alimentación) Tipo de repolo cunhas follas cun ton violáceo característico. Esta cor débese á presenza dun pigmento chamado antocianina.
- Sinónimos: col lombarda.
- Nome científico: Brassica oleracea var. capitata f. rubra.
- Termos relacionados: col.
- (Exército, Historia) Antigo canón medieval que disparaba bólas pétreas como proxectís.
- Sinónimos: bombarda.