Vexa no Galizionario as palabras en lombardo.

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lombardo».
  •   Pronuncia: /lomˈbaɾðo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

lombardo (sg: lombardo; pl: lombardos)

  1. (Lingüística) Conxunto de falas faladas principalmente no norte de Italia, principalmente na Lombardía e nalgunhas áreas das rexións veciñas, así como en Suíza, no cantón do Tesino. Trátanse de linguas romances occidentais emparentadas co francés e cos outros idiomas galo-itálicos (piemontés, emiliano-romañolo etc.), sendo moi diferentes do italiano empregado como linguaxe escrita e formal.

Traducións

  Substantivo

lombardo (ms: lombardo; mpl: lombardos; fs: lombarda; fpl: lombardas)

  1. (Xentilicio) Habitante da Lombardía.
  2. (Historia) Longobardo, membro do pobo xermánico que invadiu Italia no século VI.

Traducións

  Adxectivo

lombardo (ms: lombardo; mpl: lombardos; fs: lombarda; fpl: lombardas)

  1. Relativo ou pertencente á Lombardía e a súa xente.
  2. (Historia) Relativo ou pertencente ao pobo longobardo.

Traducións

Termos relacionados