• Pronuncia: /mu.'ko.so̯/ (AFI)

Adxectivo

editar

mucoso (ms: mucoso; mpl: mucosos; fs: mucosa; fpl: mucosas)

  1. Que é semellante ao moco.
    • Exemplo: Na ferida saíu unha secreción mucosa

      .
  2. Que ten mucosidade ou a produce.
    • Exemplo: Glándula mucosa. Estruturas mucosas

      .

Substantivo feminino

editar
 
Mucosa gástrica

mucosa (sg: mucosa; pl: mucosas)

  1. (Anatomía) e (Zooloxía) Tipo de tecido epitelial que recobre varias cavidades do corpo do home e dos vertebrados que rodea os órganos internos; consta dunha ou máis capas de células epiteliais que cobren unha capa de tecido conectivo laxo, e continúase coa pel en varias aberturas do corpo, como as dos ollos, os oídos, o nariz, a boca, a abertura da uretra e o ano.

Termos relacionados

editar