oblicuo
Galego
- Pronuncia: /o.'βli.kwo̯/ (AFI)
oblicuo
(ms: oblicuo; mpl: oblicuos; fs: oblicua; fpl: oblicuas)
- Que se desvía da liña horizontal ou da vertical.
- (Anatomía) Dise do músculo que presenta unha disposición anatómica non paralela ao eixe de simetría do corpo.
- (Lingüística) Relativo ou pertencente a calquera dos casos da declinación, agás ao nominativo.
- (Xeometría) Dise das rectas ou dos planos que non son perpendiculares nin paralelos entre eles.
- (Xeometría) Dise do prisma determinado pola intersección dunha superficie con dous planos non perpendiculares ás arestas desta.
- (Xeometría) Dise do cilindro determinado pola intersección dunha superficie cilíndrica con dous planos non perpendiculares á xeratriz da superficie.
- (Xeometría) Dise do cono ou da pirámide que teñen unha altura que non corta a respectiva base no seu centro.
Termos relacionados
ángulo oblicuo, ascensión oblicua, cilindro oblicuo, cono oblicuo, músculo oblicuo, oblicuamente.