pementeira falsa
Galego
- Etimoloxía: de pementeira e falsa.
pementeira falsa (sg: pementeira falsa; pl: pementeiras falsas)
- (Botánica) Arbusto ou pequena árbore de 7 a 10 m de altura, nativo de áreas subtropicais e tropicais de América do Sur, sueste do Brasil, norte de Arxentina e de Paraguai. O seu froito desecado, a pementa rosa, de cor rosada e sabor doce lixeiro, emprégase como condimento na gastronomía.
Nome científico
Traducións
- Castelán: pimienta rosa (es), pimentero brasileño (es)
- Inglés: Brazilian peppertree (en)
- Portugués: aroeira-vermelha (pt)
Referencias
VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 189. ISBN 9788445350560.