Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «poliestireno».
  •   Pronuncia: /pɔ.lies.ti.ˈɾe.no̯/ (AFI)
 
Símbolo internacional do poliestireno

  Substantivo masculino

poliestireno
(sg: poliestireno; pl: poliestirenos)

  1. (Química) Polímero termoplástico resultante da polimerización de monómeros de estireno. Hai catro tipos principais: o poliestireno cristal ou GPPS (do inglés general purpose polystyrene), que é transparente, ríxido e crebadizo; o poliestireno de alto impacto ou HIPS (do inglés high impact polystyrene), que é resistente aos impactos, opaco e abrancazado; o poliestireno expandido ou EPS (do inglés expandable polystyrene ou PSE (do francés polystyrène expansible), moi lixeiro; e o poliestireno extruído, similar ao expandido pero máis denso e impermeable.

Variantes

Sinónimos

Traducións

Referencias