Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «monómero».
 
Policoruro de vinilo, PVC
  •   Pronuncia: /mo.'no.me.ɾo/ (AFI)

  Substantivo masculino

monómero (sg: polímero; pl: polímeros)

  1. (Química) Un monómero é unha molécula de pequeno tamaño (e, polo tanto, de baixa masa molecular) que se pode enlazar quimicamente a outras moléculas iguais ou similares para formar moléculas de gran tamaño, chamadas polímeros. O proceso polo cal os monómeros se combinan para formaren polímeros coñécese como polimerización. As moléculas orgánicas, como as proteínas, os ácidos nucleicos e os polisacáridos fórmanse pola unión dos seus respectivos monómeros, os aminoácidos, os nucleótidos e os monosacáridos, nesta orde. Tamén son moi empregados polo ser humano certos polímeros de orixe industrial, coma o cloruro de vinilo, que forma o PVC.

Véxase tamén

macromolécula, monómero, polímero, polimerización