Galego

  •   Pronuncia: /pɾo.ˈme.sa/ (AFI)

  Substantivo feminino

promesa (sg: promesa; pl: promesas)

  1. Acción e efecto de prometer.
    • Exemplo: Fomos testemuñas da súa promesa.

  2. Aquilo que se promete.
    • {{exemplo|Rapaz, as promesas hai que cumprilas.
  3. Ofrecemento que se lle fai a Deus, á Virxe ou a algún santo de realizar unha obra piadosa.
    • Exemplo: Cando seu neto enfermou, fixo unha promesa a santo Antón.

  4. Persoa ou grupo que promete algo.
    • Exemplo: O obxectivo da sociedade ao convocar o certame é descubrir novas promesas da escea.

  5. (Dereito) Ofrecemento solemne, pero sen fórmula relixiosa, aínda que equivalente a un xuramento, de cumprir ben os deberes dun cargo ou dunha función que vai a exercerse.
    • Exemplo: O novo presidente do Consello de Administración da enprersa fixo a promesa aos empregados de subirlles o soldo.

  6. (Dereito) Contrato preparatorio doutro máis solemne ao cal precede, especialmente ao de compravenda.
    • Exemplo: Fixen a promesa de cumprir os comopromisos do contrato.

Traducións