radioactividade
Galego
- Etimoloxía: da contracción de «radio» e «actividade».
- Pronuncia: [ra.ðjo.ak.ti.βiˈða.ðɪ] (AFI)
radioactividade (sg: radioactividade; pl: radioactividades)
- (Física) Fenómeno que presentan certas substancias, que consiste na emisión espontánea de partículas ou radiacións, procedentes da desintegración de determinados núcleos que as conforman, a causa dunha reorganización da súa estrutura interna.