rexión glútea
Galego
rexión glútea (sg: rexión glútea; pl: rexións glúteas)
- (Anatomía) Rexión anatómica que ocupa a parte posteroinferior do tronco e que está limitada superiormente polas cristas ilíacas e inferiormente pola prega glútea. Os seus músculos máis importantes son: no plano superficial, o glúteo máximo; no plano medio, o glúteo mediano, e no plano profundo, o glúteo mínimo; ademais, tamén están o cadrado femoral, o obturador interno e outros. Os vasos e nervios chegan a ela a través da grande escotadura ciática, formando dous pedículos separados polo músculo piramidal.
Sinónimos
(populares)
- as cachas
- asentadeiras
- cu