tálamo
Galego
- Etimoloxía: do latín thalămus, e este do grego antigo θάλαμος thálamos.
- Pronuncia: /'ta.la̯.mo̯/ (AFI)
tálamo (sg: tálamo; pl: tálamos)
- Cama dos esposos, leito conxugal.
- Exemplo: A raiña accedeu ao tálamo real.
- Exemplo: A raiña accedeu ao tálamo real.
- (Anatomía) e (Fisioloxía) conxunto de núcleos de tecido nervioso situados nos hemisferios cerebrais a ambos os lados da liña media e por encima do hipotálamo, que enlazan con case todas as rexións do encéfalo e interveñen na regulación da sensibilidade e da actividade dos sentidos.
- Exemplo: O tálamo forma parte do diencéfalo, do que constitúe ao redor do 80 %.
- Exemplo: O tálamo forma parte do diencéfalo, do que constitúe ao redor do 80 %.
- (Botánica) Extremo superior, ancho ou groso, do pedúnculo da flor, case sempre carnoso, onde se asentan os verticilos da flor ou as flores dunha inflorescencia.