Galego

  •   Pronuncia: /pe.'ðuŋ.ku.lo̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

pedúnculo (sg: pedúnculo; pl: pedúnculos)

  1. (Anatomía) Conxunto de vasos e nervios que unen as diferentes partes do encéfalo.
    • Exemplo: O pedúnculo cerebral mantén en conexión do bulbo raquídeo cos hemisferios cerebrais.

  2. (Botánica) Filamento que sostén unha inflorescencia, unha flor ou un froito á planta.
    • Exemplo: Esta flor mira cara á terra por ter o pedúnculo inclinado.

  3. (Zooloxía) Apéndice ou segmento do corpo que serve de soporte ou medio de fixación a algúns animais.
    • Exemplo: Os pedúnculos dos percebes son a parte comestíbel deste animal.