tiburón de Groenlandia
Galego
- Etimoloxía: composto de tiburón e Groenlandia.
tiburón de Groenlandia (sg: tiburón de Groenlandia; pl: tiburóns de Groenlandia)
- (Ictioloxía) É un dos maiores tiburóns do mundo, chegando a medir máis de 6,5 metros de lonxitude e a pesar 1 tonelada. Tamén é dos vertebrados con maior lonxevidade coñecida na Terra, podendo ter uns 400 anos. Normalmente encóntrase a máis de 1.200 metros de profundidade no Ártico e nos mares do norte do Atlántico. É tóxico para consumir, aínda que se consome nalgunhas elaboracións.
- Nome científico: Somniosus microcephalus.
Traducións
- Alemán: Grönlandhai (de)
- Castelán: tiburón de Groenlandia (es)
- Catalán: tauró de Groenlàndia (ca)
- Feroés: hákelling (fo)
- Francés: requin du Groenland (fr), laimargue du Groenland (fr)
- Groenlandés: eqalussuaq (kl)
- Inglés: Greenland shark (en)
- Italiano: squalo della Groenlandia (it)
- Ruso: гренландская полярная акула (ru)
- Saami do norte: áhkalakkis (se)
- Portugués: tubarão-da-groenlândia (pt)