tripa
Galego
- Etimoloxía: de etimoloxía descoñecida, quizáis do latín trippa, voz onomatopeica.
- Pronuncia: /ˈtɾi.pa/ (AFI)
tripas
- (Anatomía) O intestino é unha víscera do aparato dixestivo de forma tubular que se aloxa na cavidade abdominal e esténdese desde o estómago até o ano. Debido a que, como veremos, comprende dúas partes de distinto grosor, vulgarmente coñécese como tripa, ou tripas (de querermos considerar as dúas partes, tamén coñecidas como tripa gorda e tripa delgada. Cumpre unha función de secreción (propia e maila procedente das glándulas anexas como o páncreas ou o fígado) e de absorción dos nutrientes contidos nos alimentos inxeridos. Presenta formas e estruturas diferentes segundo a especie animal, pero en xeral adopta a forma dun longo tubo con numerosas curvaturas ou asas intestinais. Nos vertebrados superiores (réptiles, aves e mamíferos) divídese en dúas estruturas morfolóxicas e funcionalmente diferenciadas que, á súa vez, subdivídense en segmentos ou tramos con funcións específicas: o intestino delgado, desde o estómago até a válvula ileocecal, que comprende o duodeno, o xexuno e o íleo e o intestino groso, inegrado polo cego, no que se atopa o apéndice vermiforme, o colon, con tres porcións: ascendente, tranverso e descendente, máis o colon sigmoide e o recto.
- Rexión exterior do corpo humano ou dun animal mamífero que se corresponde con esta parte.
- Exemplo: Tes moita tripa.
- Exemplo: Tes moita tripa.
- Porción do intestino dun animal que se somete a diferentes procesos para empregalo como material ou como comestíbel.
- Exemplo: As cordas dos instrumentos musicais poden facerse con tripa. As morcillas fanse coa tripa gorda do porco, e as longaínzas coa tripa delgada.
- Exemplo: As cordas dos instrumentos musicais poden facerse con tripa. As morcillas fanse coa tripa gorda do porco, e as longaínzas coa tripa delgada.
Observacións
Na 2ª acepción son sinónimos bandullo, barriga e ventre.
Termos relacionados
facer das tripas corazón, tripa cabeira, tripa cagadeira, tripa cagueira, tripa delgada, tripa dos chourizos, tripa gorda.
tripas