virtudes teologais

Galego

  Locución substantiva feminina

 
Fe, esperanza e caridade na Catedral de México

virtudes teologais

  1. (Relixión) Na teoloxía católica chámanse virtudes teologais ou virtudes teolóxicas os hábitos que Deus infunde na intelixencia e na vontade do home para ordenar as súas accións a Deus mesmo. Tradicionalmente son tres: a fe, a esperanza e a caridade. Xunto a estas, adoitan citarse como complemento as virtudes cardinais, no ámbito das chamadas sete virtudes infusas. Os teólogos cristiáns adoitan partir dalgúns textos da Sagrada Escritura para demostrar a existencia das virtudes teologais:
  • O amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns polo Espírito Santo que se nos deu (Rm 5, 5).
  • E agora permanecen a fe, a esperanza e o amor, estes tres; pero o maior deles é o amor (1Co 13, 13).
  • Porque sen a fe é imposíbel agradar a Deus (Hb 11,6).