xeración espontánea

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xeración espontánea».
 
A teoría da xeración espontánea aplicábase a insectos, vermes e outros pequenos seres vivos, como a mosca da imaxe

  Locución substantiva

xeración espontánea

  1. (Bioloxía) Teoría obsoleta que supoñía que os seres vivos considerados inferiores nacían espontaneamente da materia orgánica en descomposición, ou ben da materia mineral cando esta se atopa en determinadas condicións, mentres que o home e os seres vivos superiores foran creados directamente por Deus. Para "demostrar" esta teoría, os seus defensores baseábanse na (incorrecta) observación diaria: os vermes nacían na terra, na lama ou na carne en putrefacción; as moscas tamén na carne en descomposición; os ratos no lixo, etc.

Sinónimos

abioxénese, autoxénese