Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xigantismo».
 
Anna Swan, doente de xigantismo, cos seus pais
  •   Pronuncia: /ʃi.ˈɣan.tis.mo̯/ (AFI)

  Substantivo

xigantismo (sg: xigantismo; pl: xigantismos)

  1. (Medicina) O xigantismo é unha enfermidade hormonal causada pola excesiva secreción da hormona do crecemento, durante a idade do crecemento, antes de que se pechem as epífises dos ósos. Se esta situación ocorre despois, recibe o nome de acromegalia. Trátase dun crecemento desmesurado, especialmente de brazos e pernas causado pola glándula hipófise, acompañado do correspondente crecemento en estatura de todo o corpo. Cando aparece na infancia, antes de que a osificación normal finalice, a súa orixe adoita estar nunha sobreprodución da hormona do crecemento por parte da hipófise anterior.