ácido fosfórico
Galego
- Pronuncia: /á.θi.ðo̯ fos.'fo.ɾi.ko̯/ ou /á.si.ðo̯ fos.'fo.ɾi.ko̯/ (AFI)
- (Química) Ácido inorgánico de fórmula H3PO4, que ten a particularidade de que as súas moléculas poden combinarse con elas mesmas para formaren diversos compostos que se denominan tamén, de maneira xeral, ácidos fosfóricos. Ademais de ser un reactivo químico, ten moitos usos: aditivo alimentario, axente dispersante, materia prima de fertilizantes, e compoñente de produtos de limpeza do fogar. Os seus sales denomínanse fosfatos.