-ia
Galego
- Pronuncia: /'ia/ (AFI)
-ia
- Sufixo de orixe latina que aparece en substantivos femininos, xeralmente abstractos: burocracia, ignominia, vixilia.
- Tamén forma nomes de cidades, territorios e nacións: Australia, Campania, Murcia, Suecia.
- É moi empregado no latín científico, especialmente en botánica, para a construción de nomes de xéneros de plantas, moitas delas ornamentais (a planta, ou as súas flores); a súa base é un apelido ou, menos frecuentemente, un nome dunha persoa famosa no campo da botánica ou noutros, como Abelia (< Abel Clarke), Begonia (< Bégon), Camelia (< Kamel), Magnolia (< Magnol), etc.