Raspiñeiro
Benvido
editarOla Raspiñeiro !
Das un arranque tremendo ! Xa sabés que todo non é posible en un dia, e sen cambiar a estrutura, podemos facer moito traballo para os lectores diste wikidicionario. Tamén fai falta bastante pratica de colaboración para consensuar ideas de melloría. Claro é que hai moito que mellorar e os usuarios Sobreira e Furagaitas que teñen moita pratica e moitos coñecementos teñen propostas de mellorias.
Ainda que non teñas contestas de seguida na taberna, podes estar tranquilo que non é por despreciarte, é que andamos poucos nesta temporada. Animate e a ver si andas a gusto. Semella que xa sabes algo das bases dos proxetos de wikimedia : neutralidade, contido libre etc etc .
Benvido Raspiñeiro e perdoa a miña fala defectuosa Elvire 23:25, 16 abril 2009 (UTC)
- Moi boas. Únome á benvida e ofrézoche o meu apoio. A miña noraboa pola cantidade de artigos que creaches. Quero recordarche que aquí non podemos usar fontes con dereitos de autor. Ademais quería darche algún consello, logo de ver algunha das túas creacións:
- Para palabras admitidas polo VOLGa eu nunca usaría redireccións.
- Para categorizar por campo semántico empregamos o modelo {{sem|}} (Mira, por exemplo, os cambios que fixen en abertura).
- Nas traducións adoitamos poñer ligazóns a dentro do Galizionario, e non a outros Wiktionaries.
- Cando crees unha páxina co nome errado pódela "Mover" ó nome correcto (cando sexas usuario autoconfirmado, dentro de catro días).
- Sigue así, xente coma ti é a que fai falla aquí!! Un saúdo. [ Furagaitas * ] 02:05, 17 abril 2009 (UTC)
Re: Graciñas
editarTi pregunta canto queiras. Sinto non poder dedicarlle tanto tempo como quixera ó Galizionario, pero vou pasando por aquí con frecuencia. Noutro momento resolvereiche as dúbidas que me plantexaches. Polo de agora soa dúas cousas:
- Mira a etimoloxía de cabanel, e outras, penso que está errada.
- Durante o outono estivémonos plantexando moitas dúbidas existenciais, entre elas o modelo de artigo. Podes pasarte por Usuario:Furagaitas/mv, a Wiktionary:Taberna, a miña páxina de conversa, ou a páxina de conversa de Sobreira para ver de que vai o tema. Como vexo que vés con ganas quero que deas a túa opinión. [ Furagaitas * ] 12:17, 18 abril 2009 (UTC)
Outra Re: Graciñas
editarOla Raspiñeiro ! Xa sabés que non sei moito galego e non che podo ser de moita axuda, pero o de colaborar sempre é bóo para mín como para ti. E por isto comentoche un pouco a tua mensaxe :
- Desculpa as incorreccións que podo cometer
- Non tes porque desculparte, andomos todos a colaborar de boa fé.
- Antes de editar botei bastante tempo mirando artigos ...
- Eu tamén fixen esi ao principio, e ainda sigo pero con menos frecuencia.
- ... e, como non vin coherencia plena,...
- Nun proxecto diste tipo nunca habra coherencia plena, é unha ventaxe porque vén de que a colaboración e posible para calquera e para iso é necesario que non se teñan regras mui tecnicas, por outra banda pode resultar un pouco de fantasía. Esto non quera decir que nos temos principios xeraís que veñan da fundación w:gl:wikimedia e regras editorias propias da comunidade do wikidicionario, comonudidade con poucos usuarios nesta temporada.
- ... decidín imitar os que me parecían mellor elaborados, pero non sei se estarán ben.
- Eu fixen igual, ao principio tiven consellos do usuario Sobreira (foi il quen me convenceu de traballar niste proxecto) e logo intereseime en particular nas ultimas edicións do usuario:Aricum (usuario que tamén foi un fundador) e por exemplo gostoime moito de por as pronuncias e as etimoloxías na cabeceira.
- Probablemente precise axuda.
- Axuda sempre se precisa, pero xa ves como te botaches ! Está mui ben !
- Por outra banda, a min sóeme gustar, cando fago algo, non ter que volver sobre o xa feito, pois é unha perda de tempo e de recursos;
- Pois vaiche ser duro, e podo decirche que tes sorte de comezar cun proxecto onde andamos poucos usuarios. O de volver no xa feito é a normalidade nistes proxectos. Podes ir ver nas linguas (segun a que entendas) de grandes comunidades (inglés, alemán, castelán, francés etc) e xa veras, por ejemplo na italiana teñen un montón de palabras copiadas do inglés e que están ei para que o usuario que teña ganas as traduza ao italiano. Nós eiqui temos un montón de palabras sen ningunha definición, en espera que usuarios as completen, eu vou mirar de vez en cando a ver si hai unha que poida darlle polo menos unha acepción, pero como non sei galego, resultame un pouco fastidioso. Xa verás eso é propio dos proxectos de wikimedia.
- ...por iso que non comprenda o non categorizar por procedencia etimolóxica. É probable que haxa algunha meneira de facelo e eu non dese con ela.
- Comprendo a túa ansía. A min tamén hai cousas da estrutura que non me gustan, acepto regras que sin que me parezan malas non son as que me conveñen mellor. A miña postura para isto é que niste dicionario ainda hai moito traballo para aumentalo respetando una estrutura e unha regras dun equipo de usuarios que durante polo menos dous anos fixo o traballo fundamental que nos permite de andar colaborando sen as preocupacións iniciaís de cando se abre un proxecto da wikimedia. Xa fai un ano que nunca houbo un mes enteiro con dous usuarios todolos días do mes (sen contar os bots). De vez en cando somos máis durante algúns días e logo quedamos Furagaitas e eu a pasar, cando un, cando o outro. Para mudar e iniciar regras teriamos que ter unha comunidade que conte durante varios meses con catro ou cinco usuarios que pasan colaborar a miudo (polo mesnos dous ou tres días da semana). Bueno esto só é a minha opinión Raspiñeiro e non quero sacarche ánimos, pero tampouco penso que sexa honrado de deixate pensar que colaborar nun proxecto de wikimedia, por ben fácil que sexa facer edicións non é por iso que podese construir o dicionario coas ideas propias. Primeiro debese ben entender os principios xeraís e básicos de wikimedia (se sabe inglés, sera eli que están os máis completos) e logo podense tomar decisi&os propias da comunidade con un numéro minimo de xente ben o tanto do que fala.
- Animate que xa vés que te necesitamos. Coa pratica vas aprender moito e o que fixeches xa é "enorme" para un principiante !!! Non esquezas de preguntar nas páxinas de conversa e na taberna. Xa vés eu de galego .... Pero ando tamén por outros e algo sei das regras wikimedia.
Ánimate que precisamos de ti, conta comigo para o que poida e a ver si vamos para diante que paga a pena aumentar e mellorar isto (ainda que non sexa o gusto persoal de cada un). Saúdos Raspiñeiro e por eiqui me tes a disposición Elvire 15:39, 19 abril 2009 (UTC)
- Esquecín decirche que o usuario Usuario:Norrin strange que tamén sabe moito de linguas e de technicas pasa de vez en cando, digoche isto porque se queres preguntarlle algo por haber visto o seu nome nun artigo, é moi posible que te conteste sen agardar meses. Saúdos Raspiñeiro e ánimate que comezaches moi ben Elvire 20:17, 19 abril 2009 (UTC)
Resolvendo dúbidas
editarOla Raspi. Desculpa por tardar en contestar. Tentarei responder ás cuestións que me plantexaches; non dubides en volver preguntar o que queiras.
- Respecto ó de {{F|enda}}: [[Fenda]] ligaría cun artigo que empeza por maiúscula; [[fenda]] ligaría cunha páxina que empeza por minúscula; {{F|enda}} empregaría o Modelo:F ({{F}}) para que a palabra se visualizase coa inicial en maiúscula, pero ligase ó artigo coa inicial en minúscula.
- Na sección Traducións preténdese poñer sempre ligazóns a artigos do Galizionario. Non nos limitamos a crear artigos en galego, senón en calquera lingua. Cando coinciden dúas ou máis palabras de igual forma gráfica (sexan en galego ou en calquera outro idioma) recóllense na mesma páxina. Personalmente prefiro poñer en primeiro lugar o galego e a continuación o resto de linguas ordenadas por orde alfabética. Nas outras linguas recoméndase non incluir definicións, só traducións ó galego (cos pertinentes comentarios). Exemplos: "casa", "agua". Espero con isto darche resposta ós casos de "caldo" e "amarelle".
- ¿A que te refires con "o lugar (...) en que están recollidas as marcas do tipo {{-substf-}} ou {{Sem|}}"? Podes mirar os respectivos modelos (Modelo:Sem e Modelo:-substf-) ou a Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo.
- En "anano" non vexo moito que criticar. Eu quizá non usase o "#" nos sinónimos, para evitar erros de numeración. Polo demais, non me parei moito nas definicións dos teus artigos, pero uns consellos: non empregar sinónimos nas definicións, e non repetir o nome da palabra a definir dentro da definición.
- Por último, creo que abusas do -glref- como cabeceira de lingua. Para cabeceira da lingua galega úsase normalmente o Modelo:-gl-, mentres o Modelo:-glref- se emprega cando na Galipedia existe un artigo co mesmo nome de páxina e relacionado coas súas definicións.
Noraboa unha vez máis polo traballo que estás a facer. Dá gusto ver tanto movemento no Galizionario (e non Galicionario).
As principais tachas que lle vexo ó Galizionario son a gran cantidade de páxinas sen definición (Categoría:Wiktionary:Páxinas_para_completar) e a ausencia de moitas palabras do léxico básico do galego (Usuario:Furagaitas/listaxe1 e Usuario:Furagaitas/listaxe2). Se te ves animado aquí hai traballo largo. [ Furagaitas * ] 20:13, 20 abril 2009 (UTC)
- Unha cousa máis: os interwikis (as ligazóns a wiktionaries noutras linguas) fanse a páxinas de igual nome. Dígoo porque acabo de decatarme de que en pospor puxeches un cara pt:delongar. Como esta tarefa está automatizada a través de bots, eu suxíroche que non lle dediques moito tempo a iso, a non ser que teñas especial interes en algún interwiki. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 01:25, 21 abril 2009 (UTC)
Polo que eu sei, o Wiktionary está para meter calquera palabra ou expresión que exista e teña significado de seu. Así, meteríase calquera forma das palabras -calquera forma verbal ou doutra palabra introdúcese, ligando ao infinitivo ou á forma principal que é a que fala do significado-. A expresión castelá da que falas coido que tamén se pode meter, como calquera frase feita que teña significado de seu, como por exemplo: "Andar a dous velas" (o que non me queda claro é se incluír o "andar" ou non). Un saúdO!
- PS: o normal é introducir plurais dos que xa hai unha entrada para a forma singular, pero eu sonche así de cómodo XD. -Gallaecio 19:43, 5 maio 2009 (UTC)
- En primeiro lugar, perdoa, faleiche pensando que fora eu quen escribira o artigo carrillos. E en segundo lugar, na miña opinión o teu artigo está perfectamente. Ao tratarse dunha palabra noutra lingua (tamén asumín que carrillos era galego :)), o que eu fago é (máis ou menos) o ca ti, que é ligar á palabra galega que dá a definición. Non tería sentido ligar a faceiras, pois que é unha forma plural pódese dicir na propia definición, ben cun "Forma plural de X", ben como fas ti, poñendo a forma plural e ligando á singular. Coido que vou empezar a facelo igual ca ti, por certo. Menos letra, e máis claridade e limpeza. Un saúdo, e bo traballo! --Gallaecio 19:56, 5 maio 2009 (UTC)
Vale, creo que me armei un lío de c*r*llo:
- Primeiro pensei que eu fixera o artigo carrillos (porque son eu o que adoita escribir os artigos en formas variables, non só en masculino-singular e en infinitivo). Así, pensei que me preguntaras se o que eu facía de poñer plurais está ben, e respondinche que si (complicándome, como non).
- Logo, cando me preguntaches se fixeras mal coa túa edición en carrillos, mirei para o artigo. Como ata o de agora eu puxera case sempre "Plural de X", supuxen que en realidade o artigo o fixeras ti. Por tanto, intentei dicirche que fixeras ben (pois o artigo coido que está ben como está agora, despois da túa edición).
- E agora xa vin o historial, e xa entendo todo (espero entendelo).
- Ben, respecto á túa primeira pregunta, creo que xa queda respondida/respostada. Respecto do de "Menos letra, e máis claridade e limpeza", referíame a que resulta máis agradable para o lector ler como tradución "Faceiras" (que xa lle está a indicar que é a forma plural) que "Plural de faceira" (que é o que eu tería escrito ata agora. Por outra banda, non me decatara de que eu errara, de que puxera "Plural de carrillo", non habendo "carrillo" en galego.
- É dicir, que me trabuquei escribindo o artigo inicial, e que a túa corrección paréceme correcta. --Gallaecio 20:17, 5 maio 2009 (UTC)
- Coido que para que entendas un pouco mellor o motivo polo que se poden utilizar as distintas formas das palabras (se ben estás no certo ao dicir que as máis útis, alomenos en galego, son as que levarían a definición) deberías probar a imaxinar outra lingua. Imaxina unha lingua que non coñezas nada da súa forma de construír as palabras (eu imaxino o alemán). Pois se atopas de miragre por algures unha palabra en alemán nun tempo verbal concreto, estaría ben que ese tempo verbal estivese no Wiktionary galego, e que se puxese ben un equivalente, ben unha explicación da forma verbal.
- Ou, por exemplo, podo buscar túneis no Wiktionary, e descubrir que non é tal o plural de túnel (ou ir a tunel e velo aí).
- A súa utilidade é relativa, e nas expresións en galego pode que non sexa moi grande, pero algo é algo. Un saúdo! --Gallaecio 20:40, 5 maio 2009 (UTC)
A min gustaríame saber cantas ten definidas, a secas, posto que teo vistomoitas veces páxinas en que a única definición é:
- (Completar)
O mellor é non preocuparse do estado actual do Wiktionary, e traballar para que vaia enchéndose de definicións, e de calidade. Un saúdo! --Gallaecio 05:37, 6 maio 2009 (UTC)
A gusto
editarOla Raspiñeiro ! Tes que andar colaborando a gusto, colaborar, penso eu ten que ser un prazer e un compañeirismo. Hai unha regra nos proxectos da Wikimedia : sempre presumir cos usuarios fan as cousas de boa fé. O delicado son os erros dun editor con mui poucas edicións. Ti xa comprobaches que andas colaborando sen ánimo de dañar. Esique por mín considerate usuarío polo menos tan normal coma eu. Xa verás co tempo o Galizionario aproveita igual de nós todos. Saúdos Raspiñeiro e encantada de colaborar con ti Elvire 19:08, 6 maio 2009 (UTC)
- Botei unha ollada as "dubidas" da túa páxina. A ligazón coa Galipedia para relación de inclusión esta feita. Maña veño traballar un pouco aquí e comentoche algo. Sempre aprecio as vontades de colaboración, é un xeito moi bóo para mellorar e medrar o proxecto. Saúdos Elvire 07:12, 9 maio 2009 (UTC)
Eu, coma Elvire, non puiden evitar botarlle unha ollada ás túas dúbidas, así que me gustaría responder á relativa a chao.
Eu personalmente uso chao tanto en galego como en castelán. E coido que podería considerarse galego. Pero a RAG non actualiza moito o léxico, e nós guiámonos por eles. Mentres tanto, temos a sorte de que a RAE se actualiza con maior asiduidade, e teñen chao na súa edición en liña. Por tanto, sempre queda introducir o termo como castelán e a conseguinte tradución ao galego. Un saúdo! --Gallaecio 14:34, 11 maio 2009 (UTC)
Todo o que che dixera de como funcionaba o wiktionary, en realidade aínda non está dicidido -pídote desculpas por elo-. A fin de establecer unhas pautas de edición para que os futuros e actuais editores do Galizionario saiban mellor o que poden facer, o que non, e como o teñen que facer, vou iniciar unha serie de consultas ao respecto mentres que intento redactar unha completa páxina de axuda ao estilo da da Wikipedia pero para o Wiktionary.
Agradeceríate que pasases pola Taberna para dar a túa opinión. Un saúdo! -Gallaecio 16:10, 16 maio 2009 (UTC)
- Grazas por recordarmo, pero vou pouco e pouco. Aínda non lin o que se foi vertendo na Taberna. Levo tres semanas sen pasarme por aquí e o pouco tempo que teño quero dedicalo a ir repasando o que se foi facendo na miña ausencia, que non foi pouco. Creo que estades tratando temas cos que xa pelexei eu no outono, así que me gustaría participar na discusión. Dádeme tempo. Por certo, se fas o favor revisa as entradas compañeiro e significante, ambas da túa creación. Hai algún erro. Grazas de novo e noraboa polo traballo que estás facendo. [ Furagaitas * ] 21:50, 22 maio 2009 (UTC)
Xa as modifiquei eu. Revisa os cambios para comprobar se estás de acordo. [ Furagaitas * ] 17:03, 23 maio 2009 (UTC)
- Pedín o borrado de dúas entradas que creaches (sección e significante), por conter partes copiadas doutro dicionario. Dígoo por se queres volver traballar sobre elas unha vez borradas. [ Furagaitas * ] 20:29, 23 maio 2009 (UTC)
- Perdoa, non reparara en que deixaras máis comentarios. A ver...
- Sobre o de significante: ¿ves o texto en amarelo? Foi o que eliminei eu antes de comprobar que estaba copiado do Diccionario Cumio. E o feito de estar sen formato faino máis evidente.
- De sección a parte que copiaches do Cumio é a que aparece ó final de todo, a última liña, o punto 6. Ata copiaches o ń que aparece en vez do ñ no Diccionario Cumio electrónico (caracter que xa teño corrixido en máis artigos creados por ti).
- Penso que xa xustifiquei suficientemente o que me pedías. Que saibas que eu non son administrador, polo que non pretendía ameazarte con borrar ningún artigo teu. O administrador (mellor dito burócrata) éo Prevert, que foi a quen llo comentei. A ti díxencho porque crin conveniente que o soubeses, e por se unha vez borrados os artigos querías volver crealos sen a parte copiada. Síntoo moito se tes medo a..., pero eu desde que chegaches ofrecinche a miña axuda. Perdoa pero síntome agredido cos teus comentarios; levo máis de dous anos colaborando co Galizionario e penso que é a primeira vez que desconfían de min, e para máis inri un recén chegado. Se tes algunha dúbida non perdas de comentarma. E desculpa pola miña ausencia estes días; como me dixo hai uns meses outro gran colaborador do Galizionario... á vida non se lle poden poñer {{modelos}} nin bots. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 00:23, 27 maio 2009 (UTC)
- Desculpa, pero non preciso que me demostres nin a túa alta produtividade (que por certo, o número 1300 non me di nada nin de calidade, nin de coñecemento das regras, nin da túa cordialidade, máis ben todo o contrario) nin o meu asiduo uso de préstamos lingüísticos (cousa que en ningún momento ocultei, aínda que agradezo a túa advertencia). Ningunha destas dúas demostracións me fan cambiar de idea: nin do feito de crerme útil para axudar os novos colaboradores, nin do feito de crer que polo menos dous (se son máis anímote a que os busques para ben do proxecto) dos artigos que creaches conteñen información copiada dun dicionario comercial.
- Penso que xa xustifiquei sobradamente cales son as partes copiadas, polo que che pido desculpas por non repetilo agora (entendo que é a isto ó que te refires con "e hai moito que responder"). Engadirei unha: a miña páxina de conversa. Reproduciches unha entrada íntegra do Dicionario Cumio da lingua galega en CD Rom.
- Sinceramente non sei a que se debe tanta carraxe. Non sei en que che fallei. ¿En non prestarche axuda cando ma pediches? Laméntoo pero nos últimos días a miña vida privada tívome moi ocupado. En serio que non era a miña intención caerlle mal a ninguén, e ata agora penso que non o conseguira. Se dixen que non esperaba que un recén chegado desconfiase de min foi porque entendo que sen coñecerme practicamente de nada (de aí o de recén chegado), e sen maior motivo, non é de recibo que empregaras unha linguaxe de repulsión cara min con frases como "Desculpa que alucine", "Se non demostras en que te baseas, paréceme mal", "indícame a semellanza (...) espero que a haxa", "empregar ás veces métodos expeditivos, pero non insultando" (¿empreguei métodos expeditivos? ¡só pretendía terte informado! ¿Insultei?), "ameazar con borrar dúas entradas premeditadamente e sen xustificación" (creo que xa expliquei que nin podo borrar, nin era unha ameaza, e si está xustificado), "Agora fareino por ter medo a..." (parecemos nenos...). Por último, cando digo que llo comentei a Prevert quero dicir que o comentei na súa páxina de conversa, e se non citei as fontes foi porque ata o de agora os administradores confiaron en min. Lamento que ti non poidas. Espero que non mo tomes a mal e poidamos traballar "en amor e compañía". Parabéns polos teus 1300. [ Furagaitas * ] 02:41, 27 maio 2009 (UTC)
- Perdoa, non reparara en que deixaras máis comentarios. A ver...
Despois de ler o último comentario que me deixaches estou por pensar que o único que che sentou mal do que fixen foi o de propor para borrar os dous artigos de marras. Debo confesar que non coñezo en profundidade os dereitos de autor. Confeso tamén que apenas lin as definicións dos artigos que creaches (e mireinos case todos). Mireinos polo feito de seres novo aquí (entendo que por este motivo sempre podes ter máis fallos que un que leve tempo colaborando) e polo feito de crear tantos artigos en tan pouco tempo (hai máis probabilidades de cometer fallos). Pero non me parei coas definicións unha por unha cuestión de tempo, e outra porque a teu compromiso co Galizionario quedou suficientemente demostrado co tempo dedicado e o número de artigos que creaches. Porén, o feito de atopar anacos de texto sen formato e en forma de acepcións de dicionario nos dous artigos mencionados chamoume á atención, e ó que dei coa súa orixe comuniqueillo ó único administrador que anda por aquí ultimamente (Prevert) e mais a ti, crendo que estarías totalmente de acordo en emendar a errata. Quede claro que en ningún momento cuestionei a validez dos teus artigos, e admiro a túa capacidade de creación (oxalá houbera moitos máis coma ti). Comprendo perfectamente a necesidade de empregar obras de referencia á hora de crear os artigos (eu teño usado un lote de dicionarios para crear unha soa definición), aínda que por outro lado agradezo a orixinalidade e a exactitude das definicións. Gustaríame que esta mensaxe axude a quitarche o mal sabor de boca dese malentendido, e sigas sorprendéndonos co teu poder creativo. Por último quero recomendarche, se cres que os dous artigos dos que falamos non se deberían borrar (eu desde a miña ignoracia sigo empeñado en que si), que lle argumentes as túas razóns a Prevert, e el, desde a súa posición de burócrata, que tome as medidas que estime oportunas. Un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 01:41, 28 maio 2009 (UTC)
- Claro que non considero copivio todo o que fixeches, e respecto o de consultar outros dicionarios porque como xa dixen eu tamén o fago. Pero por varios motivos (o texto, a numeración, a localización no artigo, o formato,...) estou convencido de que o que fixeches no caso deses dous artigos, e deses dous anacos de texto en concreto, foi copiar e pegar; e tamén estou convencido de que á hora de publicar eses dous artigos (ou os que haxa coas mesmas características) filtráronseche eses dous anacos de texto involuntariamente.
- ¿Debo buscar os artigos en que me pasou para borralos tamén? Pois se consideras que é copivio, si. Coma min ou calquera outro. E desde o meu punto de vista non importa que a información filtrada estea na última revisión do artigo ou en calquera outra das versións do historial.
- Non sei a que te refires co de sección. Non sei que é o que esperabas que ocorrera nin o que supuñas tras as miñas palabras. Se o que non entendes é porque penso que é copivio repítoo: ó final do artigo (máis abaixo incluso que os interwikis) hai un anaco de texto que é calcadiño á sexta entrada do dicionario Cumio: tanto no contido do texto, como nos dous espazos que deixa a continuación do 6, como no ń que aparece sempre neste dicionario en vez do ñ.
- Igual estou errado e isto non supón ningunha infracción. Se é así gustaríame que alguén me tirase da burra. [ Furagaitas * ] 14:38, 29 maio 2009 (UTC)
Boas Raspiñeiro. É de agradecer o ton dialogante que empregaches nos últimos comentarios na Taberna. De todas formas, ten conta con iso de "rozar os límites"; xa sabes que esto é unha comunidade, e como tal hai respectar as normas e os compañeiros, e procurar un ambiente de traballo o máis acolledor posible.
Desde a túa chegada demostraches unha capacidade de traballo impresionante, e agora demostraches que sabes dialogar e incluso retractarte, polo que sería unha mágoa non poder contar contigo no Galizionario.
Respecto ás copyvios teño que informarte de que as túas contribucións (en principio) non serán borradas. Non vou dicir que non haxa copyvios (seguro que ata ti, aínda que non o recoñezas abertamente, es consciente de que si as hai), pero polo que me estiven informando, unha vez editada a páxina e suprimido o texto copiado a páxina non ten porque ser borrada, aínda que o texto copiado permaneza no historial. Dixen, e sigo dicindo, que non creo que o fixeses adrede, polo que espero que admitas as miñas palabras e volvas colaborar connosco.
E por certo: como ves, a nosa comunidade é moi reducida, polo que contar cun administrador entre nós en continuo é un luxo que por degraza non temos. Espero que as miñas palabras che sirvan como as dun administrador. [ Furagaitas * ] 00:08, 23 xuño 2009 (UTC)
- O que escribín arriba foi redactado antes da túa última mensaxe na Taberna, e vexo que o teu ton dialogante durou pouco. Entendo que se acertas cando dis que rozas o límite tamén acertas cando dis que o meu proceder é deplorable. Dirá pouco (bo) de min se admito que o fago o mellor que podo... [ Furagaitas * ] 00:18, 23 xuño 2009 (UTC)
Re: Para aprender eu
editarBoas. Pois igual estou errado, tampouco te fíes. Pero supoño que se non lle chamaron locución a chover a canados foi porque só tiñan o modelo {{-expres-}}; o modelo {{-locuc-}} non apareceu ata 3 anos despois de crear o artigo, e o modelo {{-locv-}} creeino eu hai uns meses. [ Furagaitas * ] 23:20, 26 maio 2009 (UTC)
Compañerismo
editarBoas Raspiñeiro.
Permitome decirche que Furagaitas fai o que semella ser (eu non podo comprobar si hai copivio) o máis correcto en conformidade coas regras wikimedia : dache esplicacións de abondo, e ti non contestas en concreto no feito. Apoio a sua forma de actuar : non che falta ao respeto e da moitas esplicacións. Tamén apoio a "filosofía" do dito por Norrim strange na Taberna nista sección : Aclaracións.
Non debes dudar da boa fé dos usuarios que andamos estes tempos por aquí, e todos respetamos o máis que podemos as regras de funcionamento. Ninguén duda da túa boa fé, ó de non concordar entre nos non debe ser ocasión de acosarnos, debe ser ocasión de mellorar o proxecto.
Digoche esto para que non dramatizes con Furagaitas, non ficho nada mal. Si é posible comprobar concretamente que esta enganado, non te preocupes a il non lle parece mal : sobra que lle digas que os seus ollos ven mal, que esa copia que vé é unha pantasma. Este tipo de frases : Agora fareino por ter medo a. a modo de conclusion da vosa conversa, non esta mui adecuada, pode ofender.
Raspiñeiro andamos todos facendo fallos e andamos todos corrixindo os outros. Non pasa nada. Pola miña banda aprecio moito a tua colaboración e xa vés que Furagaitas tamén. A ver si te animas a seguir colaborando con nós.
Saúdos Elvire 19:36, 29 maio 2009 (UTC)
- Boas Raspiñeiro. Teño moito que leer para contestar. Leo, cavilo e volto. Ata logo Elvire 09:48, 31 maio 2009 (UTC)
Boas Raspiñeiro,
:
- Lin todo e cavilei bastante.
- Raspiñeiro dixo : "Comprenderás que ante as túas acusacións (falta de compañerismo, dramatización), acusacións relevantes, tiña que explicar o porqué do meu proceder no seu momento."
Si te sintiches acosado polo que escrivín nesta páxina o 31 de maio, poís é verdade. Trabuqueime. Non tiña e non teño intención de ofenderte nin de acosarte de nada. Só decirche co xeito de actuar doutros usuarios frente a ti é adecuado, no meu sentido. É verdade que falando pensando aliviar o compañeirismo entrei por unha porta sin saida. Trabuqueime. Pœís quedame por decir co compañeirismo vai como se pratica. Non comento máis e sigamos cada quen como mellor lle pareze. Saúdos Raspiñeiro. Elvire 19:36, 1 xuño 2009 (UTC)
Boas Raspiñeiro,
Contestoche unhas palbras por respeto
Xa véras si te animas a editar. Pola miña banda non pasa nada. SaúdosElvire 20:14, 2 xuño 2009 (UTC)
mail-
editarBoas, rasp. Quería mandarte un mail, podes activalo? -Norrin strange 08:51, 23 xuño 2009 (UTC)
Boas
editarBoas
Cousas que xa sabes :
- Teño confianza no usuario Furagaitas
- Teño confianza que ti non tes intención de dañar o proxecto
- Xa comentei moitos detalles nista páxina (veño de ollar dende que che dín a benvida) e non teño moito que engadirlle
- Todo ven cavilado non conto comentar máis o asunto do copyvio suposto ou real, por sí iso non daña, en cada artigo ( significante e sección) fixen unha edición e como usuaria non teño nada que engadir . Tal como se presentou o caso, sendo eu administrador, e sendo vos maiores e competentes para editar correctamente pediabos de atopar un consenso ... e meteriache algúns bloqueos curtos por palabras que se pasan.
Cousas que tal vez non sabes :
- Gustariame darlle a benvida a Lmbuga ...
- Dende que ando polo Galizionario vexo ca páxina de conversa do usuario Raspiñeiro é a máis abonda en axuda doutros usuarios (e podese decir que Furagaitas ... axudoute) en tan pouco tempo.
- Os administradores actúan para protexer os proxectos. Fora diso son contributores igual ca outros, non son persoas especiais.
- O Galizionario é unha ferramente na web para galegos, galeofalantes, non-galegos e non-galeofalantes (hasta hai contributores que non falan e non entenden o galego).
- A verdade, a xusticia sempre son relativas, non esisten por si, non debense confundir coa neutralidade. Nos proxectos wikimedia procurase o punto de vista neutral ...
A ver si é posible que nalgún proxecto poidas contribuir con todas tuas competencias e con tranquilidade, é todo o que desexo. Boas Elvire 23:09, 23 xuño 2009 (UTC)
¿Último? intento
editarPerdoa, non me quero facer pesado, nin contigo nin co resto. Síntome obrigado a non deixar isto así, aínda que me revolva tanto o estómago como a ti.
Son consciente de que as discusións, a parte de non levar a ningures, perxudican enormemente un Proxecto.
Parece que estamos condenados a non entendernos, a ningún dos dous nos gusta o xeito de proceder do outro. Chegamos a un punto no que parece imposible que os dous quedemos nel (eu non tería problema en que quedásemos os dous, pero non sei exactamente o que tería que poñer da miña parte).
Se algo teño por seguro é que se marchamos os dous o Galizionario sairá perdendo. Polo tanto, buscando o beneficio do Proxecto (foi en todo momento o que buscaba, aínda que ti non o creas) propóñoche o seguinte trato:
A partir do momento en que me comuniques que aceptas o trato eu deixarei de colaborar co Galizionario, coa condición de que ó final de cada mes (contando a partir do momento da túa aceptación) terás feitas polo menos 209 edicións (é a media por mes das edicións que teño feito no último ano). No caso de que non acadases as 209, eu veríame na liberdade de editar ata o mes que as volvas acadar.
Supoño que dada a túa capacidade de edición e o teu aprecio polo Galizionario e por Galicia, non terás problema en libralos dun lastre como son eu. Un saúdo. [ Furagaitas * ] 11:23, 26 xuño 2009 (UTC)
Longa vida a Raspiñeiro
editar- Ola Raspiñeiro. Lin a túa páxina de usuario e quedeime co de 40 anos, espero que sexa unha broma, porque necesitámoste no proxecto e esperemos que vivas tan sequera 100 anos (a inmortalidade tamén se me ocorreu, pero imos conformarnos). Cóidate, come ben, descansa, atende e pasa tempo cos teus, coida do teu corpo, contacto coa natureza diario (un paseíño)... Xa sabes, vida sa, e non te agobies con eidtar. Tres edicións diarias (3 novas palabras) é un luxo e está moi ben.
Perdoa tanto consello, saíume a veta paternal porque hai aprezo polo teu bon traballo. Saúdos (e moita saúde). --Xoán Carlos Fraga 06:09, 29 agosto 2009 (UTC)