Raspiñeiro
O usuario Raspiñeiro e o usuario Lmbuga son unha mesma persoa. Creei o usuario Raspiñeiro para agachar a miña identidade. Incribles circunstancias fixeron que eu mesmo descubrise a relación entre Lmbuga e Raspiñeiro. Podo xurar que non editei nunca como Lmbuga mentres fun Raspiñeiro e que non atentarei xamais con xogo sucio contra as normas do wiki relativas ó acoso. Pretendo non editar xamais neste proxecto como Lmbuga, editarei como Raspiñeiro, pois Lmbuga non ten edicións. Se alguén dese unificado as edicións de Raspiñeiro e Lmbuga en Lmbuga, procedería a editar só como Lmbuga--Lmbuga 01:43, 23 xuño 2009 (UTC)--Raspiñeiro 01:44, 23 xuño 2009 (UTC)
Hoxe (30-05-2009) desexo declarar que non desexo ser administrador baixo ningún concepto.
Hoxe (26-05-2009) foi un día improdutivo e agrio. Coma este abofé que haberá máis. Pero non esperaba ningún tan pronto. Creei dúas palabras por casualidade, pouco valen. Nese quefacer, semella que aquí sigo estando só.
Confórmome con facer unha media de tres palabras galegas por día. Se vivo corenta anos, o galizionario terá máis de 40.000 palabras (palabras das de verdade, palabras que sosteñen as outras palabras). Se fósemos máis a traballar nos vocábulos galegos, tardariamos menos
{{-gl-}} {{-etim-|}} {{-pronuncia-|}} {{-audio-|{{PAGENAME}}.ogg|Audio}} {{-adx-}} {{-substf-}} {{-substm-}} '''{{PAGENAME}}''' {{VarN|||s}} '''{{PAGENAME}}''' {{VarXN||o|os|a|as}} # # ({{Sem|}}) # ({{sem|Figurado}}) {{-sin-}} *[[]], [[]]. {{-ant-}} *[[]], [[]]. {{-relac-}} * [[]] {{-formasi-}} * [[]] {{-trad-}} * {{es}}: [[]] {{-es-}} {{-substm-}} '''arrendador''' #[[arrendador]] <!--Outras linguas-->
Páxinas de interese
editarmarcas
editar- {{-glref-}}. Se hai páxina na Galipedia
- {{ocultatitulodebot1}}'''tronco'''{{ocultatitulodebot2}}
- {{F|enda}}
- {{expres}}
- {{-relac-}}
- {{-exemp-|}}
- {{VarN||sema específico|semas específicos}}
- Definición de xunta (preposición): {{definicionimpropia|Indica proximidade física, normalmente con movemento cara ó punto de contacto cun obxecto estático}}
- {{-locuc-}}
- ({{sem|Xentilicio}})
- {{-verbot-}}
- {{homo-baralla}}
- {{-obs-}} Observacións
- ({{sem|Coloquial}})
Xénero e número
editar- {{VarXN|barat|o|os|a|as}}
- {{VarN|anx|o||os}}
- {{VarN|balor||es}}
- {{VarXN|lactante||s||s}}
- {{VarN|cabane|l|is}}
- {{VarXN|planador||es|a|as}}
- {{VarN|avea|l|is}}
Locucións e expresións
editar- {{-expres-}}
- {{-locadv-}} á raxeira
- {{-locsm-}} aparello circulatorio
- {{-locsf-}} calma branca
Entradas que precisan revisión
editarDúbidas
editar- ¿Como se deben distinguir os usos transitivos dos pronominais: entreter?
- ¿Como representar usos específicos de disciplinas cando, sendo claramente específicos, coinciden coa acepción principal: apracible?
- ¿Que facer? modalizador do enunciado ou simplemente modalizador? Problema: Modalizador en realidade non di nada.
- arnela tería dúas entradas homónimas. ¿Como se distingue a homografía da polisemia?
- ¿Como conxugar este caso: meniño - meniña?
- Os participios? Incorpóranse como adxectivos? atropelado
- aba ¿Está ben formada esta palabra?, Non me semella útil esa disposición.
Palabras editables
editar(as definicións son creadas por min, agás unhas corenta; pero non sei exactamente cales,procurarei mudar todas -algunhas sei que son miñas- ó empregalas)
aveal: Terreo sementado de avea
avistar: Acadar coa vista algunha cousa que está lonxe ou que non se distingue ben
avulta: Sae un vulto
axustizas: Execúta-la pena de morte no reo condenado a ela por un tribunal. Sin. executas
azucreiro: Recipiente para o azucre
babor: Mirando de popa a proa, lado esquerdo dunha embarcación
bacelo: Vide nova. / Vara de vide para plantar
bacía: Terreo en que discorre a auga cara a un determinado río
baeta: Pano absorbente
baeta: Pano absorbente, para limpar
bagañeira: Sitio onde se pon o bagazo
bagazo: Restos dalgúns froitos, como a uva, logo de pisalos ou espremelos
bago: Uva, cada un dos elementos dun acio
baia: Entrada de mar na costa, de extensión considerable, xeralmente semicircular, máis pequena có golfo e máis grande cá cala
baías: Entradas de mar na costa, de extensión considerable, xeralmente semicircular, máis pequena có golfo e máis grande cá cala
balde: Caldeiro
baldón: Tapón que se pon nos bocois
bancal: Socalco
banco: Sotabanco dunha casa
baralla: Conxunto de naipes ou cartas que serven para varios xogos. A espanola consta de 48, a francesa de 52
barisfera: Núcleo central dun planeta
barloventar: Gañar distancia contra o vento, navegando de bolina
batedora: Aparello electrodoméstico que serve para esmagar e mesturar productos (coma os alimentos, por exemplo)
batedora: Aparello para bater
batisfera: Cámara esférica que se mergulla para explorar o mar profundo
beberaxe: Bebida de aspecto e/ou sabor desagradable, composta con elementos diferentes. Apócema
becerro: Pel de... Pel curtida de tenreiro, para calzado e outros usos
benestar: Tranquilidade, satisfacción, paz, comodidade
benfadado: Afortunado
benfalado: Que non usa palabras malsoantes
benfeitor: Protector. Persoa que fai o ben
benquerencia: Cariño, amor, afecto
benquerido: Que é ben recibido ou que se quere ben
benvida: Recibimento afectuoso
bíceps: Músculo do brazo
bidueira: X. Betula, bidro, bídalo
bigornia: Óso pequeno do oído medio, que ten forma de zafra (yunque)
bilabial: Dise do son que precisa para ser articulado da utilización dos dous beizos
bilabial: Dise do son que precisa para ser articulado da utilización dos dous beizos
billa: Chave para dar paso ou cortar o paso dun líquido
billa: Chave ou aparello para controla-lo paso ou saída dun líquido por un conducto
biocenose: Conxunto de organismos animais e vexetais que viven nun biotopo e que, xunto con este, conforman un ecosistema
biomasa: Masa total dos seres vivos presentes nun ecosistema determinado
biosfera: Parte da codia terrestre e da atmosfera en que habitan seres vivos
biotopo: Espazo da biosfera ocupado polo conxunto de organismos animais e vexetais que conforman un ecosistema
bípede: De dous pés (bípedo)
biscoito: Doce mol e esponxoso, feito con farina, ovos e azucre, cocido no forno
Bita: Cada un dos postes de preto da proa ós que se aseguran os cables da áncora ó fondear
blindar: Protexer ou defender cunha capa resistente
bocapodre: Malfalado, persoa que di moitas groserías
bocarribeira: Zona entre a ribeira e a montaña
bocatella: A tella primeira de cada ringleira do tellado
bocha: Bolsa formada pola elevación da epiderme. Sin. ampola, bóchega, vexiga, vincha, vinchoca
boi: Mamífero ruminante (Bos bovis), de cabeza armada con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo. Chámase así cando está castrado
bolina: Cabo ó que se suxeitan os cabos das velas para que resultan ben orientadas
bombear: Lanzar por alto unha pelota ou balón, facendo que describa unha traxectoria parabólica
bonificación: Nalgúns deportes, rebaixa compensatoria do tempo empregado nunha proba ou beneficio similar
Borda: Canto superior do costado dun barco
Bordada: Camiño que fai a embarcación entre dúas viradas
bordel: Establecemento ou casa onde se exerce a prostitución
bosta: Excremento de gando vacún, usado nalgúns países como conbustible e como material de construción
boteiro: Personaxe do Entroido de Viana do Bolo
botelo: androlla. Embutido afumado típico do Entroido no interior de Galicia, que se fai enchendo o bandullo do porco con carne adubada e de porco, pementos...
bouza: Terreno inculto
bovedilla: Parte arqueada da fachada de popa
bóvidos: m. pl. Familia de mamíferos artiodáctilos ruminantes con cornos ocos non ramificados, de tamano, hábitos e outras características diferentes, como son o touro, o rebezo, a cabra, a ovella, etc
branco: A cor do leite
brancura: Calidade que ten aquilo que posúe a cor do leite
brando: Mol, dondo
brandura: Moleza
branquear: Embranquecer
branquiazul: Branco e azul
brasón: Arte que explica os escudos de armas
bucina: Cuncha dun caracol mariño. Sin. bucio, corno, apupo [caracola]
búfalo: ¿O queixo "mozzarella" prodúcese con leite de...?
bufarda: Abertura no teito dunha casa para que entre a luz
bugallo: Agalla
búmerang: Arma arreboladiza australiana
buque: Barco con cuberta adecuado para navegacións de importancia. Pode ser de guerra ou mercante
burbulla: Globo de aire ou outro gas que se forma no interior dun líquido
buxo: Boj, Buxus sempervirens L
cabaceira: Calabacera, Cucurbita pepo L
cabana: Construción rústica, para vivir (Sin. choupana) ou para garda-los aveños (Sin. cabanel, choza), ás veces feita con paos, canas, etc. Sin. chabola, casopa
cable: Fío para conducir a electricidade
cabo: Corda para atar
cabodano: Aniversario da morte dunha persoa
cacheira: Cachucha. Cabeza de porco salgada e, frecuentemente, afumada que soe servirse no entroido
cachena: Raza de vaca galega. É a máis pequena de Galicia. De cor castaña clara, pelo curto e cunha perrera na testa. Os cornos son moi grandes con forma de lira alta. Atópase en xurés. Hai arredor de 562 cabezas. Sin. pisca
cachopa: Tocón
cacuminal: Dise do son que precisa para ser articulado da suficiente elevación da lingua como para que a cara inferior do ápice lingual toque os alvéolos ou o padal
cadeado: Pechadura solta e portátil situada nunha caixa de metal, cun arco de aceiro fixo nun dos extremos e móbil no outro
cadelucha: Tellina tenuis. Molusco bivalvo parecido á ameixa, de inferior calidade [tallerina]
cadrazo: O que queda do acio ó lle quitar as uvas
cágado: Cría da ra e demais anfibios anuros mentres ten rabo. Sin. cabezolo (renacuajo)
caíño: Dise do dente situado entre os molares e os incisivos. Sin. cabeiro, cairo, canteiro (colmillo)
caldeireta: Recipiente normalmente utilizado para transporta-lo leite, feito de lata ou aluminio, con asa e tapadeira
caldelá: Raza de vaca galega, de cor escura cunha liña de cor máis clara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. De cornos grosos en gancho. Atópanse nas serras orientais de Ourense e sur de Lugo. Atópanse censados 304 exemplares
callado: Que callou. Dise do líquido como é o caso do leite ou do sangue cando se solidifica
calquera: Indica un se ou unha cousa indeterminada
caluga: Parte alta e posterior do pescozo, onde se unen a cabeza e o espinazo
cambota: Campá, para recoller o fume
camelo: Ruminante artiodáctilo dos camélidos (Camelus bactrianus), oriúndo da Asia central, alto e corpudo, de pescozo longo, cabeza pequena, patas longas e delgadas, e con dúas xibas no dorso
cámping: Acampar ó aire libre
cana: Caña, Arundo donax L
cánabo: Cáñamo, Cannabis Sativa L
canada: Recipiente cilíndrico, con asa, para manexar líquidos e moi común tamén para muxir as vacas
canastro: Hórreo circular, feito de varas. Sin. cabaceira, cabaceiro, cabazo
canear: Correr un xogador co balón evitando os contrarios
canella: Paso, camiño ou rúa estreitos e longos entre paredes, casas ou elevacións do terreo. Sin. canellón
cangallos: Ramificacións que compoñen un acio
cango: Cada unha das táboas sobre as que se colocan as tellas e que estan sobre as trabes do tellado
cangorza: Vincapervinca (X. Vinca)
cangrexa: Dise da vela de coitelo de forma trapezoidal
cántara: Medida de capacidade para líquidos, equivalente a 16 litros
cantarelo: Rebozuelo, Cantharellus cibarius L
canzorro: Peza saínte nunha parede para termar dun balcón
capoeira: Sitio onde se reclúen os capóns para a súa ceba, ou outras aves de curral. Sin. galiñeiro, poleiro
capudre: Serbal silvestre, Sorbus aucuparia L
carabuña: Hueso (das froitas)
carauta: Careta, máscara
carcere: Edificio onde se custodia e están encerrados os presos
cargar: Facer tónico, é dicir, pronunciar con maior forza un son ou unha silaba cos outros da palabra
carlinga: Oco en que se encaixa algo
carnívoros: m. pl. Orde de mamíferos terrestres unguiculados, que tenen cairos robustos e molares con tubérculos cortantes, adecuados para capturar presas e esgaza-la carne
carolo: Anaco de pan duro. / Parte de arriba da codia do pan, ou anaco desta parte do pan
Carqueixa: Carquesia, Pterospartium tridentatum Spac
carraca: Antiga ebarcación de transporte de ata 2000 toneladas
cartafol: Carpeta grande para gardar escritos
cartilaxe: Tecido conxuntivo, resistente e elástico, que forma parte do esqueleto dalgúns vertebrados inferiores (cartílago)
cata: Proba o viño para coñecer a súa calidade
catar: Observar fixamente, examinar con atención na procura de algo
catavento: Indica, ó xirar, a dirección do vento
cava: Acción de cavar, especialmente nas vinas
cavas: (En plural) Parte da casa ou almacén, normalmente subterráneo, para a cría ou conservación do viño. Sin. adegas, bodegas
cazo: Pequeno recipiente de cocina con mango
cazola: Cazarola, pota, tarteira
cazola: Recipiente de forma cilíndrica, con ou sen asas ou mango, de diámetro maior cá altura, que serve para guisar. Cazarola, tarteira
cela: Apousento individual de relixiosos, estudiantes ou presos
cemiterio: Terreo, xeralmente cercado, destinado a enterrar cadáveres
cenoria: Zanahoria, Daucus carota L
centea: Farina _____, obtida do centeo
centrosfera: Núcleo central da Terra
cerdeira: Cerezo, Prunus avium L
cerimonia: Acto que se celebra con solemnidade e segundo certas regras, para enxalzar un acontecemento relixioso ou profano
cerquiño: Quecus pyrenaica
chabola: Choza ou caseta no cambo ou nos alfoces das cidades
chacolí: Viño lixeiro que se fai en Euskadi e en Santander e Chile coa uva pouco azucrada
chacolí: Viño lixeiro, algo agre, que se fai en Euskadi e en Santander coa uva pouco azucrada -non chega a madurar completamente- que se dá nesta rexión. Tamén se fai en Chile
chaira: Planicie
chairego: Relativo á chaira e en concreto á Terra Cha
chairo: Sen desniveis, chan
chalana: Embarcación pequenade fondo plano chata na popa e coa proa triangular
chama: Lapa
chamear: Despedir lapas ou chamas
chan: Sen desniveis, chairo
changurro: Prato vasco feito con centolo, cocido e esfrangullado na súa cuncha
chantar: Introducir un obxecto aguzado nunha parte do corpo, cravar
chaparro: Dise da persoa baixa e gorda
charrúa: Máscara En Allariz, carauta de entroido
chatarra: Escoura ou refugallos de metais
chave: Presa que o loitador fai no seu adversario
chave: Instrumento para abrir e pechar as fechaduras
chaveiro: Utensilio para conter ou agrupar chaves
chegar: Arribar
cheminea: Conduto que dá saída ó fume
cheo: Repleto, completo
cheque: Talón para ser cobrado nun banco
cherna: Peixe dos serránidos (Polyprion americanus), de cabeza grosa, ollos grandes e cor castaña tirando a vermella, que pode chegar ata os 2 m e que é especialmente apreciado pola súa carne. Sin. mero [mero]
chicote: punta dun cabo
chineiro: Armario para garda-la louza e demais útiles. Cunqueiro
chistera: Chapeu de copa alta
chistera: Chapeu de copa alta
choca: Campaíña de chapa de ferro que se colga no pescozo dos animais e que adoitan formar parte do vestiario dalgunhas máscara
choca: Quenta os ovos para que nazan polos. Sin. incuba (empolla)
choqueiro: Individuo disfrazado con chocas
chosco: Dise de quen lle falta un ollo ou (de) quen non ve por un ollo
chuchamel: Cerinta, Cerinthe major L
chumaceira: Rebaixe en que se fixa o remo
chumbo: Metal pesado (Pb)
chumbo: Metal pesado (Pb)
chupatinta: Oficinista de escasa categoría
chupatinta: Oficinista de escasa categoría
chuvasqueiro: Impermeable para defenderse da chuvia
cigarrón: Disfrace do entroido dalgunhas zonas de Ourense
cimbra: Círculo de madeira que forma a roda do temón
cinc: Zn
cinseiro: Lugar en que se recolle a cinsa, cinza ou borralla
cinta: Madeiros do costado do buque, de proa a popa
circunnavegar: Navegar arredor de algo
clorose: Estado de debilidade das plantas (vides) manifesto no seu amarelecemento e perda da cor verde
coa: Pasa un líquido por un coador
coadoiro: Utensilio para coar un líquido.
codaste: Prolongación vertical da quilla que sustenta o armazón desta parte do buque
codia: Parte de fóra do pan
coello: Mamífero lagomorfo dos lepóridos (Oryctolagus cuniculus), duns 40 cm de longo, orellas e patas posteriores longas, e cola moi curta. Facilmente domesticable, a súa carne é comestible
coial: Lugar onde abundan os coios ou croios. Sin. coído, coieira, coinal, coiñeira, croieira
coitela: Instrumento composto dunha folla ancha, dun so fío, con ou sen mango para manexala.
coitelo: Peza con mango e unha folla con gume por un só lado
colgadoiro: Percha ou garfo para colgar
coligados: Unidos con outro ou outros para algún fin
colmea: Caixa de madeira, cortiza, etc., que serve de habitación ás abellas e de depósito dos panais que fabrican. Sin. abelleira, cortiza, cortizo, covo, trobo
colo: Parte do corpo humano que une a cabeza co tronco. Sin. pescozo (cuello)
combatente: Cada un dos soldados que componen un exército en acción de guerra, ou cada un dos países, grupos, etc. que participan directamente nun combate
comensalismo: Asociación entre organismos de distinta especie, na cal a especie comensal vive asociada ó seu hóspede, sen causarlle prexuízo nin beneficio
comigo: Pronome persoal que indica que unha acción de desenvolve coa persoa que fala
cominar: Esixir algo a alguén intimidatoriamente
comiño: Cuminum cyminum
comparsa: Conxunto de persoas que fan unha representación desfilando nun entroido
cómplice: Persoa que coopera na comisión dun delito
composta: Palabra que posúe dous ou máis lexemas
compracer: Acceder ó desexo de alguén
compravenda: Operación de mercar e vender
comunga: Recibe a comunón
comuñon: Na Igrexa católica, acto de dar e recibi-la eucaristía
con: Rocha, especialmente a que sobresae da superficie do mar
connosco: Con nós
connotar: Ademais de expresar o denotabñe, suxerir algo
consonantismo: Sistema consonántico, conxunto de consoantes dunha lingua
consonantización: Circunstancia que acontece cando unha vogal se transforma en consoante
consonantizar: Transformar unha vogal en consoante
contagotas: Aparello para contar gotas
contaminación: Acción e efecto de contaminar ou contaminarse
contemplar: Examinar con atención algunha cousa material ou espiritual
contradicente: Que contradice
conxuntura: Combinación de factores e circunstancias que afectan a un asunto
cordal: Grupo de montañas enlazadas. Sin. cadea, cordilleira, serra
corga: Pequeno curso de auga que vai por unha depresión do terreo, formado pola unión de varios regatos que baixan do monte
cornamusa: Peza de metal ou madeira para amarrar os cabos, curva no seu extremo e fixa polo seu punto medio
cornixa: Vertente de inclinación moi pronunciada que limita cun lago, co mar, etc.
corredor: Camiño de paso entre unha habitación e outra
correola: Correhuela, Convolvulus arvensis L
corta: Acción de cortar
cortacéspede: Aparello para realizar a corta do céspede
cortacorrente: Interruptor
cortadela: Pequena cortadura
cortado: Café cunha pinga de leite
cortador: Aquel que corta ou aquilo que corta ben
cortadoría: Carnicería oou lugar para sacrificar gando
cortadura: Corta, resultado de cortar plantas
cortante: Aplícase a aquilo que ten gume
cortapuros: Aparello para cortar os puros
cortaúnllas: Aparello para cortar as unllas
corte: Lugar onde se recolle o gando
cortello: Corte pequena, en especial a dos porcos e xatos
cortina: Tea coa que se cobren as xanelas
corveta: Embarcación de guerra, parecida á fragata pero máis pequena
costado: Cada un dos flancos dunha nave
cranio: Conxunto de ósos ou caixa ósea na que está contido o encéfalo
cranio: Conxunto de ósos ou caixa ósea en que está contido o encéfalo (cráneo)
cravo: Pauciño metálico aguzado por un estremo que se chanta cun martelo
crédito: Préstamo que se lle concede a unha persoa
crenza: Convicción dunha persoa ou unha colectividade
crista: Carnosidade vermella que tenen sobre a cabeza algunhas aves (cresta)
crocodilo: Réptil anfibio dos saurios (Crocodylus spp.)
cromosfera: Zona exterior, de cor vermella e constituída sobre todo por hidróxeno inflamado, da atmosfera do Sol
cru: Dise do alimento que non está cocido ou cocinado, ou que aínda non o está de todo
cruzamento: Acción de cruza-los animais ou as plantas (cruce)
culler: Peza cóncava con mango para tomar líquidos
culleriña: Culler pequena
cume: Parte máis alta dun monte. Sin. bico, cima, cúspide, pico
cumprido: Dise da tarefa que foi rematada, masculino
cumprimentar: Tratar cortés e obsequiosamente
cunca: Recipiente cóncavo para beber líquidos
cunqueiro: Estante en que se garda a louza e as cuncas
cúpula: Torre cuberta, redonda e xiratoria, dentro da que se emprazan os canóns de groso calibre
curral: Sitio pechado e descuberto, destinado xeralmente a gardar animais
curral: Sitio pechado e descuberto, destinado xeralmente a gardar animais
curro: Lugar cercado onde se choen os cabalos que viven en liberdade para cortárlle-las crinas, marca-las crías, etc.
curtametraxe: Filme de menos de 35 minutos
curtidade: Pequenez
curtísimo: Superlativo absoluto de curto
curto: De pouca duración ou de escasa lonxitude
curto: De pouca lonxitude
curtocircuíto: Contacto entre os conductores que orixina unha descarga
custo: Gastos derivados da adquisición dunha cousa
cuxo: Cría da vaca, ata aproximadamente os dous anos. Sin. becerro, cucho, pucho, vitelo, xato
ddt: C14H9Cl5. Sólido tóxico. Usado como insecticida
débeda: Obriga contraída pola que se debe pagar ou reintegrar diñeiro
debedor: Quen ten que pagar algunha débeda
deda: Dedo do pé
defensa: Lina de xogadores que tenen como misión protexe-la propia meta dos ataques do adversario
deforestación: Destrución dos bosques
defunta: (Dise de) quen morreu. Sin. falecida, finada
dental: Dise do son que precisa para ser articulado que a lingua toque os dentes. Aplícase tamén ó fonema do que ese son é realización
dental: Dise do son que precisa para ser articulado que a lingua toque os dentes. Aplícase tamén ó fonema do que ese son é realización
depredación: Actividade dos animais depredadores
derivada: Palabras con sufixos ou prefixos
derme: Capa da pel situada baixo a epiderme, onde están os nervios e os vasos sanguíneos (dermis)
derrota: Rumbo
derrotar: Abandonar unha nave o rumbo marcado
desarborar: Derrubar os paus dunha nave
desertización: Proceso bioclimático polo que unha rexión se converte nunha zona árida
desfiladeiro: Paso estreito entre montañas, de paredes moi abruptas
desfondar: Afuracar o fondo da embarcación
deslateralización: Circunstancia que acontece cando unha consoante lateral é pronunciada deixando pasar o aire polo centro da boca
deslateralizar: Pronunciar un son consonántico lateral, no cal o aire debía pasar polos lados da boca, deixando pasar o aire polo centro da boca
despedimento: Extinción por descisión do empresario dun contrato laboral
despensa: Lugar en que se gardan comestibles e outros
desprazamento: Volume e peso da auga que desaloxa un buque
desprazar: Mover algo dun lugar a outro
desprazar: Desaloxar a nave un volume de auga igual ó fondo da nave
despregar: Desdobrar
desquitar: Vencer despois dunha derrota
diabro: Demo
diabrura: Travesura irrelevante
dialefa: Circunstancia que acontece cando sons vocálicos contiguos son pronunciados en sílabas diferentes
disfrace: Vestido de entroido
disimilación: Circunstancia que acontece cando se altera a pronuncia dun son facendo que as súas características articulatorias difiran das doutro máis ou menos contiguo
disimilar: Alterar a pronuncia dun son facendo que as súas características articulatorias difiran das de outro máis ou menos contiguo
ditongar: Transformarse unha vogal nun ditongo
divisar: Ver ó lonxe, ou de forma confusa
do: Sentimento de pena, compaixón
dobramento: Proceso polo cal as capas xeolóxicas da Terra se dobran
dobrar: Pregar ou torcer algo ata que estea máis ou menos curvo
dobraxe: Acto de traducir unha película
dobre: Duplo ou dupla
dobrón: Antiga moeda espanola de ouro
doira: Torrente de auga que baixa revolta.
donicela: Mamífero carniceiro nocturno algo máis grande có rato (Mustela nivalis), que ten a cabeza pequena, as patas curtas e a pelaxe de cor parda no lombo e branca na barriga. Sin. doniña, denociña, dona das paredes
donicela: Denociña
donostiarra: Natural de Donostia (San Sebastián)
dorna: Embarcación típica das Rías Baixas que ten a proa redonda, a popa chata e a quilla pronunciada. Pode ir a remo ou ter un mastro para unha vela latina
dorsal: Dise do son consonántico en cuxa articulación intervén o dorso da lingua. Aplícase tamén ó fonema do que ese son é realización
driza: Corda coa que se izan e arrían velas ou bandeiras
duramáter: Meninxe exterior que envolve o encéfalo e a medula espinal (duramadre)
ecoloxía: Ciencia que estuda as relacións existentes entre os seres vivos e o medio no que viven
ecosistema: Conxunto de seres vivos que se relacionan entre si nos seus procesos vitais e que se desenvolven en función dos factores físicos dun mesmo ambiente
egua: Femia do mamífero herbívoro dos équidos (Equus caballus), de cabeza alongada, pescozo arqueado, orellas pequenas e móbiles, crina longa e cola peluda
embarrar: Manchar ou lixar dunha substancia graxenta, coma o alcatrán, ou semellante
embaza: Encheou cobre de bafo
embicar: Aproximarse ó porto un barco
embicar: Aproximarse ó porto un barco
embigo: Cicatriz abdominal en que o cordón umbilical se unía ó feto (ombligo)
emparrado: Armazón que sostén a vide ou outra planta rubideira
emparrado: Conxunto de sarmentos de vides que, sostidas por unha armazón, forman unha cuberta
empeña: Parte superior do pé, entre a perna e os dedos
empopada: Acto de navegar con vento forte de popa
emprazar: Citar nun lugar e nun momento determinado
empregado: Persoa que está a soldo dun xefe ou entidade
empregar: Dar traballo a cambio dun salario
emprego: Oficio, ocupación a cambio dun salario
encoro: Muro que se constrúe nunha corrente fluvial para almacenar a auga e utilizala para rego, producir enerxía eléctrica, etc. Sin. encalco, presa, represa, vaira
endosfera: Núcleo central do globo terrestre.
éngoa: Parte do corpo en que se xuntan as coxas co ventre. Virilla (ingle)
enneasíabo: Verso de nove sílabas
enoloxía: Conxunto de coñecementos relacionados coa elaboración e conservación dos viños
enseada: Parte do mar que entra na terra, máis pequena có golfo, e que pode servir de abrigo para as embarcacións
enteiro: Cada un deles é o un or cento do nominal dos valores na bolsa
entrecortado: Dise do son intermitente
entrecortar: Facer intermitente un son
entrever: Ver confusamente unha cousa
entroidada: Festa do entroido
entroido: Os tres días previos á coresma
envergar: Suxeita ás vergas as velas
enxarcia: Conxunto dos cabos que prenden os mastros ou aparellos e redes para pescar
enxergar: Ver algo a unha distancia longa, sen advertir ben as súas peculiaridades
enxerto: Resultado de introducir unha parte dunha planta ou árbore dentro doutra para que se desenvolva alí
enxerto: Injerto
enxiva: Parte da mucosa bucal que rodea e protexe a raíz dos dentes e moas (encía)
enxordecer: Pronunciar sen que vibren as cordas vocais un son consonántico sonoro
eólica: Dise da enerxía que se obtén ó aproveitar a forza do vento
epéntese: Adición dunha vogal "i" entre vogais abertas para facilitar a pronuncia ("soio", "a i-alma")
era: Cada un dos períodos evolutivos
érbedo: Madroño, Arbutus unedo L
ervella: Guisante, Pisum sativum L Chícharo
ervellaca: Arveja, Vicia sativa L
escaleira: Corredor con chanzos parasubir e baixar
escoadoiro: Coadoiro para escoar a auga de cocer a comida
escoras: Puntais que sosteñen os costados do buque en construción
escordas: Sacas do seu sitio un membro do corpo, unha articulación ou un tendón. Sin. dislocas
escorredoiro: Lugar por onde escorre a auga
escota: Cabo empregado para gobernar as velas
escribente: Que escribe / Persoa que ten por oficio escribi-lo que se lle dicta ou copiar escritos alleos
escrutar: Indagar, examinar coidadosamente, tratando de descubrir algo
escudriñar: Dirixir atentamente a mirada cara a algo que está afastado ou é moi extenso
escumadeira: Instrumento con mango e unha paleta con buratos no extremo
eslora: Lonxitude total dun buque, medida sobre a cuberta, dende a proa á popa
esóxeno: Qe procede do exterior
espectrógrafo: Aparato electrónico que rexistra as ondas sonoras e posibilita caracterizar cientificamente e reproducir os sons
espectrograma: Rexistro gráfico, obtido polo espectógrafo, dun son
esperanza: Situación anímica en que se intúen ou desexan alternativas
espiar: Observar con disimulo e en segredo o que se di ou fai
espiga: Froito alongado das gramíneas, coma o do trigo
esporo: Espora
espreitar: Vixíar con disimulo
espremedor: Aparello eléctrico ou manual que serve para espreme-la froita e obte-lo seu zume
esquerda: Sinistra, o contrario é dereita
esquío: Mamífero roedor da familia esciúridos (Sciurus vulgaris), de pequeno tamaño (uns 20 cm), pelaxe negra avermellada, branca no ventre, corpo esvelto e rabo longo cuberto de pelos grandes. Vive nos bosques e fai acopio de noces, bagas, etc. nos ocos das árbores
estai: Cada soga que afirma o mastro á proa
estancia: Peza dunha casa, habitación ou apousento
esteiro: Zona do litoral en que desemboca unha corrente de auga e que queda inundada durante a preamar
estralote: Digital, Digitalis purpurea L Dedaleira
estrañeza: Efecto que produce o raro ou estrafalario
estratosfera: Parte superior da atmosfera
estreiteza: Angostura
estribor: Mirando de popa a proa, lado dereito dunha embarcación
estropallo: Freganzo
Estruga: Ortiga (X. Urtica)
etarra: Pertencente á ETA
euscaldún: Dise de quen fala o éuscaro
éuscaro: Lingua vasca
exacción: Acción e efecto de esixir impostos, multas ou tributos
exaculación: Acción e efecto de lanzar con forza o contido dun órgano ou cavidade, especialmente o seme
excardinación: Acción de desligarse un crego da xurisdicción dunha diócese
excedencia: Permiso temporal que teñen os funcionarios para exercer un cargo
excelencia: Calidade superior
excepción: Persoa ou cousa que se aparta da condición xeral das demais da súa especie
excisión: Corte para separar. Ablación, amputación
exclusión: Acción e efecto de botar a unha persoa ou cousa, ou botarse ela, fóra do lugar que ocupaba
excomuñón: Acción e efecto de aparta-la Igrexa a alguén da comunón dos fieis e do uso dos sacramentos
excrecencia: Carnosidade que altera a superficie cutánea dos seres vivos
excreción: Acción e efecto de expele-las substancias elaboradas polas glándulas que xa non serven de proveito para o organismo
excreción: Eliminación fisiolóxica dos productos metabólicos de refugallo
exculpación: Acción e efecto de descargar a un de culpa
execración: Acción e efecto de condenar con autoridade relixiosa
exemplar: Edificante
exención: Acción e efecto de liberar de cargas, coidados, obrigas, etc
exhalación: Acción e efecto de despedir gases, vapores ou cheiros
exhortación: Feito de inducir a alguén con razóns ou rogos a obrar dunha maneira determinada
existencia: Vida
expansión: Acción e efecto de facer que unha cousa chegue, ou chegar unha cousa, a máis persoas e/ou lugares
expectación: Espera, xeralmente curiosa ou tensa, dun acontecemento
expectoración: Acción de expulsar pola boca aquilo que obstrúe as vías respiratorias
expedición: Excursión que ten por obxecto realizar unha empresa nun punto distante
experimentación: Método científico de investigación fundado na determinación voluntaria dos fenómenos
explicar: Dar a coñecer unha materia didacticamente
explosión: Estoupido violento e ruidoso dalgunha cousa con desprendemento de luz, calor e gases
explosión: Última fase da articulación dos sons consonánticos oclusivos consistente na saída do aire logo da oclusión
explosivo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual ten dúas fases articulatorias: oclusión e explosión
extensión: Acción e resultado de estender ou estenderse
extinción: Desaparición dunha especie
extirpación: Acción e efecto de arrincar de raíz
extorsión: Acción de quitar algo pola forza
extracción: Operación matemática que ten por obxecto acha-la raíz dun número
extradición: Entrega dun reo ás autoridades doutro país
extrapolación: Acción e efecto de xeneralizar partindo de datos parciais
extravagancia: Calidade do que é estrafalario e raro
extraversión: Actitude do individuo que concentra o seu interese cara ó mundo externo, que se relaciona ben cos demais e comunica os seus sentimentos
exuberancia: Suma abundancia
factura: Documento que acredita legalmente unha compravenda
faia: Haya, Fagus sylvatica L
faiado: Andar da casa inmediatamente debaixo do tellado
faio: Teito dun cuarto cuberto con táboas. Faiado
falúa: Pequena embarcación de remo, vela ou motor destinada ó transporte de persoeiros
farallón: Rocha alta e illada que sobresae no mar
farelo: Casca do gran esmigallada ó moelo, separada da farina. Sin. relón
farrapo: Anaco de tea rota e gastada, trapo
fasciculada: Dise da raíz dos cereais por estar disposta en feixes ou mangados
fastial: Pedra máis alta dun edificio
fedegosa: Vulvaria, Chenopodium vulvaria L
feixe: Haz
feixón: Judía, Phaseoulus vulgaris L
fel: Secreción viscosa, verde ou amarela e amarga, producida polo fígado dos vertebrados para contribuír á dixestión
felo: Máscara de entroido
fento: Helecho
feo: Herba seca e segada que serve de alimento para o gando
feruellasverzas: Bulebule, fervello
fervenza: Caída de auga nun desnivel considerable. Sin. abanqueiro, cachoeira, cadoiro, pincheira, ruxidoira, salto
fiestra: Xanela
figueira chumba: Chumbera, Opuntia ficus-india L
Filástica: Fíos con que están formados as xarcias e os cabos
Filástica: Fíos con que están formados as xarcias e os cabos
filloa: Confeito delgado con fariña, leite, ovos, e ás veces sangue
filloeiro: Prancha de ferro ou pedra para facer filloas
financeiro: Relativo ás finanzas
fiorde: Golfo estreito e profundo, de orixe glaciar, entre montañas de ladeiras abruptas
fitar: Mirar fixamente para alguén ou algo
fiúncho: Hinojo, Foeniculum vulgare Miller
flegmas: Mucosidades das vías respiratorias, que se bota pola boca
flexiva: Engaden sufixos flexivos (de xénero, número, tempo...): "amig-o-s"
fociño: Parte máis ou menos prolongada da cabeza dalgúns animais (hocico)
fogón: Onde se fai lume para cociñar
foie-gras: Pasta de fígado de ganso
folk: Xénero de música tradicional
fondear: Ancorar
fondo: Parte somerxida do casco
fondo : Parte somerxida do casco
fonema: Unidade mínima da lingua que conmutada por outra da súa mesma entidade produce variacións no significado e resulta pertinente
fonemática: Disciplina da fonética que estuda os fonemas
foque: Velas triangular dunha embarcación
forno: Electrodoméstico para asar
forno: Espazo pechado, polo común abovedado e dotado de respiro, cunha ou máis bocas polas que se introduce o material que se quere cocer
fotosfera: Zona máis interior e luminosa da envoltura do Sol
fox-terrier: Raza inglesa de cans
foz: Lugar onde desemboca un río. Sin. desembocadura, embocadura / Angostura dun val profundo, ou a que forma un río que corre entre dúas serras. Sin. garganta
fraco: Delgado, chuchado, de poucas carnes
franqueo: Acción de selar un paquete previo pago dos custos
franquía: Concesión dunha autorización a un comerciante para a venda de produtos
fraquear: Diminuír o vigor, debilitarse
fraquear: Diminuír o vigor, debilitarse
fraqueza: Delgadeza
frauta: Instrumento de vento. Pode ser doce ou traveseira
frecha: Arma que dispara cun arco
frechazo: Lesión ou ferida provocada por unha frecha
freganzo: Estropallo
Freixo: Fresno (X. Fraxinus)
freixó: Filloa
fretar: Alugar un barco ou avión
fretaxe: Acción de fretar
frete: Prezo estipulado polo aluguer dunha nave
fricación: Circunstancia que acontece cando unha realización dun fonema se articula permitindo con continuidade a saída do aire, mais con fricción motivada pola aproximación dos órganos articulatorios
fricación: Circunstancia que acontece cando unha realización dun fonema se articula permitindo con continuidade a saída do aire, mais con fricción motivada pola aproximación dos órganos articulatorios
fricativo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase permitindo con continuidade a saída do aire, mais con fricción motivada pola aproximación dos órganos articulatorios
fricativo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase permitindo con continuidade a saída do aire, mais con fricción motivada pola aproximación dos órganos articulatorios
frieiras: Inflamacións da pel, con proído, producida polo frío (sabañones)
frieresa: Raza de vaca galega de cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa. Cabeza pequena e curta, fronte e fuciño anchos e cornos longos. Hai censadoas 168 cabezas na comarca de Frieira, Verín, Laza, Monterrei,...
frigorífico: Conxelador, neveira
frisona: Chámanse así as vacas leiteiras desta rexión holandesa. É de cor branca con manchas negras e moi boa produtora de leite
fritidora: Aparello para fritir
frouxidade: Debilidade daquel que está frouxo
frouxo: Débil, feble, fraco. / Con pouca tensión
fungo: Extremo dun tubo de ventilación cunha protección en forma de chapeu, para que non entre a auga
funil: Instrumento oco, en forma de cono invertido, para trasfegar líquidos. Sin. Embude
furna: Cavidade grande, natural, feita nas penas e rochas pola erosión, especialmente a producida polo mar. Sin. caverna, espenuca, gruta
furuncho: Tumor na pel de pequena extensión, duro e doloroso (forúnculo)
fustalla: Conxunto dos recipientes de madeira (cubas, pipas, etc.) nos cales se envasa o viño nunha adega
gabarra: Embarcación maior cá lancha que se usa nas costas para o transporte e adoita ir remolcada
gabia: Rego algo fondo: o da beira das estradas para que corra a auga. / Vela dun barco
galán: Personaxe masculino típico do Entroido de Cangas e Vilaboa
galera: Nave de guerra con velas latinas e remos que percorría noutrora o Mediterráneo
galería: Sala longa que ten moitas ventás
gama: Sucesión de cousas
gamela: Embarcación pequena, chata ou rectangular na popa e na proa e de fondo plano,
gamma: Terceira letra do alfabeto grego
gándara: Tierra llana pantanosa
ganzúa: Gancho para abrir pechaduras
garabullo: Palitroque
garavanzo: Garbanzo, Cicer arietinum L
gardacabos: Anel acanalado na súa parte exterior, ó que se axusta o cabo para estar protexido
gardacabos: Anel acanalado na súa parte exterior, ó que se axusta o cabo para estar protexido
gardacostas: Barco que vixía o litoral
gardalamas: Cuberta por tras das rodas dos vehículos para que non salpiquen
gardalamas: Cuberta por tras das rodas dos vehículos para que non salpiquen
gardarroupa: Vestiario. Lugar en que se depositan abrigos.
gardarroupa: Vestiario. Lugar en que se depositan abrigos.
garfela: Culler grande para servir algunhas comidas
garfo: Utensilio cun mango e tres ou catro dentes no outro extremo
gaza: Lazo formado no extremo dun cabo para unilo
gnomo: Ser fantástico das lendas nórdicas
golfiño: Nome de varios cetáceos dos delfínidos (un deles, Delpynus delphys), de ventre branco, lombo escuro, cabeza voluminosa, focino delgado e unha soa abertura nasal. Sin. delfín
golfo: Parte do mar que penetra na terra entre dous cabos
gra: Conxunto de grans ou sementes dunha planta
grandal: Dise do trigo que ten a palla máis grande do que é normal
gravame: Tributo
grella: Plataforma para asar carne, peixe.
guerlas: Órganos para a respiración acuática, formado por lamelas ou filamentos, que posúen os peixes e a maior parte dos animais acuáticos. Branquias, galadas (agallas)
guichar: Observar sen ser vistos
gutural: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase tocando o dorso da lingua coa parte posterior do veo do padal. Tamén se aplica ós sons articulados na farinxe e na úvula
gutural: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase tocando o dorso da lingua coa parte posterior do veo do padal. Tamén se aplica ós sons articulados na farinxe e na úvula
hábitat: Conxunto local de condicións xeofísicas en que se desenvolve a vida de calquera especie vexetal ou animal
halar: Tirar dun cabo
haploloxía: Elisión dunha sílaba semellante a outra contigua
harmonización: Pechamento da vocal pretónica ante as vocais [i], [u] e o ditongo [ei] tónicos, en casos como: viciño, fuciño.
hasta: Corno dun animal (asta)
herba dos ourizos: Estramonio, Datura stramonium L Gorgullo
herba trinitaria: Trinitaria, Viola tricolor L
herba formigueira: Quenopodio (X. Chenopodium...)
herba punteira: Siempreviva, Sempervivum tectorum L
herba do vento: Pulsátila (X. Pulsatilla)
herba da cruz: Verbena, Verbena officinalis L
herba das abellas: Ulmaria, Filipendula ulmaria L
herbívoro: Animal que se alimenta de vexetais
herbívoro: Aplícase ó animal que se alimenta de vexetais
heterótrofos: Dise do organismo incapaz de produci-la súa propia materia orgánica a partir de substancias inorgánicas e que necesita as elaboradas por outros seres vivos, como son os animais e os vexetais sen clorofila
hidráulica: Dise da enerxía que se obtén ó aproveitar a forza da auga que corre
hipoteca: Obrigación de pagamento dunha débeda que recae sobre uns bens
homosfera: Capa da atmosfera comprendida entre a superficie da Terra e os 100 km de altitude
horreo: Construción próxima á casa, de pedra ou de madeira, illada da terra mediante pés ou muretes, con numerosas aberturas para que circule libremente o aire, para conserva-lo millo e outros produtos do campo
humido: Lixeiramente mollado
iate: Barco de vela ou de motor que se emprega para facer viaxes de pracer ou competicións deportivas
iceberg: Masa de xeo que aboia no mar
igualar: Conseguir un resultado ou marca igual a outro, propio ou alleo
ilio: Óso da cadeira que intervén na formación da pelve ósea (Ilión)
illar: Espacio do corpo das persoas e algúns animais situado entre as costelas e os ósos das cadeiras Illarga (ijada)
illote: Illa pequena e despoboada
impar: saloucar
implantación: Acción e efecto de implantar
implantar: Instaurar
implante: Aquilo que pode ser ou foi implantado
implosión: Circunstacia articulatoria que acontece cando unha consoante, especialmente as oclusivas, están a final de sílaba
implosivo: Aplícase á consoante situada a final de sílaba
impo: Movemento convulsivo do diafragma que produce una respiración interrompida e violenta, e ruído que provoca
imposto: Diñeiro que se lle paga ó Estado por manter actividades económicas
inaccesible: Dise daquilo ó que non se pode acceder ou comprender
inadiable : Improrrogable ou que non se pode deixar para outro día
inadmisible: Intolerable. Que non se pode tolerar
inalterable: Inmutable, invariable
inane: Inútil, van
inapelable: Incontestable, indiscutible
inapto: Incapaz
inatinxible: Que non se pode atinxir
inaudible: Que ten un volume tan baixo que non se pode oír
inaudito: Que nunca foi oído, sorprendente
incandescente: Quentado ata emitir luz propia
incauto: Desprecavido, sen cautela, imprudente
incho: Fago que aumente o volume dalgunha cousa metendo algo no seu interior, nomeadamente aire
inciso: Que foi producido por un instrumento cortante
incívico: Que non é un bo cidadán
incógnito: Non coñecido, ignoto
incognoscible: Que non se pode conecer
incoloro: Carente de cor
incólume: Sen lesión nin menoscabo
inconcibible: Incomprensible, inexplicable
inconcluso: Sen rematar
inconexo: Que non ten conexións
inconfeso: Que non confesa o delicto do que é acusado
incongruente: Dise da persoa que non actúa segundo o que pensa, cre ou predica. Incoherente
inconmensurable: Que non se pode medir
inconmutable: Que non se pode trocar ou cambiar
inconsecuente: Incongruente, incoherente
inconsútil: Que non ten costuras
incontinente: Desenfreado nas súas actuacións
incontrastable: Que non se pode contrastar
incontrovertible: Que non admite discusión, pola súa lóxica
incorpóreo: Inmaterial, sen corpo
incorrupto: Que non se pode corromper
incrédulo: Que, ou quen, non cre como certo algo que lle contan, ou que lle custa cre-lo que é evidente
incrible: Que non se pode crer ou é moi difícil de crer, sexa por tratarse de algo moi estraño, moi pouco normal
incruento: Sen sangue
incunable: Primeira edición dun libro dende a invención da imprenta ata o século XV
indeciso: Que non ten resolución ou se mostra moi inseguro
indeclinable: Que necesariamente ten que facerse ou cumprirse
indecoroso: Indecente. Que non ten decoro
indefectible: Que non pode faltar ou deixar de ser ou ocorrer
indehiscente: Dise do froito maduro que non se abre de seu
indeleble: Que non se pode borrar
indemne: Libre ou exento de dano. Sin. ileso
indescritible: Que non hai palabras para o comentar
indicible: Inexpresable
indigno: Que carece de mérito para algo
indisociable: Que non se pode disociar
indiviso: Non separado ou non dividido en partes
indiviso: Non dividido en partes
indócil: Que non ten docilidade
indolente: Que, ou quen, fai os menores esforzos posibles, ou que non ten interese ou ansia por nada
indomeable: Que non se pode domear
indómito: Non domado
indubidable: Que non admite dúbida
indulxente: Que xulga sen severidade e perdoa facilmente, ou que non é moi esixente cos deberes dos demais
inefable: Que non se pode explicar con palabras
ineluctable: Dise daquilo contra o que non se pode loitar
ineludible: Inevitable, que non se pode evitar
inenarrable: Que non se pode narrar
inepto: Non apto para unha actividade
inequivoco: Que non admite dúbida ou confusión. Sin. categórico, indiscutible
inerme: Que está sen armas
inerte: Que non ten vida
Inescrutable: Que non se pode pescudar
inesgotable: Que non se dá esgotado. Sin. inacabable, interminable
inexorable: Que non se pode evitar / Que non se deixa vencer por rogos
inexpugnable: Que non se pode tomar ou conquistar por mor da protección que ten
inextricable: Difícil de desenguedellar
infecundo: Estéril, infértil
influente: Que ten ascendencia, poder ou inflúe sbre outros
infumable: De mala calidade
ingrávido: Non suxeito á lei da gravidade
inherente: Que, por natureza, está inseparablemente unido a outra cousa
inicuo: Contrario á equidade, á xustiza / Que ten ou amosa maldade
inimigo: Persoa contra o que se loita, sobre todo na guerra
inmaculado: Sen mancha
inminente: Que sucede inmediatamente
inmiscible: Quen non é mesturable
inmoble: ben non transportable. Edificio
inmodesto: Que lle falta pudor ou modestia
inmorredoiro: Imperecedoiro
inmundo: Noxento por estar lixoso
innato: Que non se adquire ou se aprende, senón que nace con un
innobre: Que é ruín ou vil
inocuo: Que non é daniño
inodoro: Falto de olor
inopinado: Non esperado, imprevisto
inquedo: Que non ten sosego, tranquilidade / Dise da persoa que ten moitas inquietudes
insalubre: Dise do clima ou da vivenda prexudiciais para a saúde, que non reúnen as mínimas e debidas condicións de hixiene
insolente: Que falta ó respecto
insólito: Non común nin ordinario, desacostumado, que sorprende pola súa rareza
insoluble: Que non se pode disolver / Que non ten solución ou é difícil de resolver
insomne: Que non é capaz de durmir
insondable: Que non se pode chegar ó seu fondo. Que non se pode pescudar
intempestivo: Que ocorre fóra de tempo ou cando non convén
interdental: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase colocando a lingua entre os bordos dos dentes
interdental: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase colocando a lingua entre os bordos dos dentes
Intereseiro: Comenenciudo
invariable: Palabra que non pode posuír sufixos flexivos (de xénero, número, persoa...): "cadaquén"
invernadoiro: Lugar cuberto con vidro ou plástico transparente para protexe-las plantas do frío e para que produzan máis, mellor ou en estacións diferentes
investidor: Aquel que fai investimentos
investimento: Capitais ou bens investidos
investir: Empregar cartos para obter beneficios
invidente: Que non ve
invulnerable: Que non pode ser danado, ferido ou destruído
ionosfera: Capa a partir dos 80 km de altura fortemente ionizada da atmosfera terrestre
irrios: Personaxe característico do Entroido de Castro Caldelas
izar: Tirar do cabo para erguer as velas
jazz: Xénero de música caracterizado pola improvisación musical
kappa: Décima letra do alfabeto grego
la: Pelo das ovellas, os carneiros e outros animais que se fía e tece
labial: Dise do son que é articulado grazas ó contacto total ou parcial dun beizo co outro
labial: Dise do son que é articulado grazas ó contacto total ou parcial dun beizo co outro
labialización: Circunstacia articulatoria que acontece cando un son se converte en labial nun contexto determinado
labializar: Converter un son en labial nun contexto determinado
labiodental: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase achegando o beizo inferior ó bordo dos dentes superiores
labiodental: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase achegando o beizo inferior ó bordo dos dentes superiores
labirinto: Lugar formado por caminos que se entrecruzan, no que é difícil dar coa saída
lacazan: Dise do que non quere traballar. Cubilón, folgazán, gandulo, lacaceiro
lacón: Prato tradicional do entroido que se realiza coa pata dianteira do porco
ladróns: Ramas dun ano que nacen na parte inferior da vide, no talo, chamadas así porque medran moito e non dan uvas
lagar: Recipiente onde se pisa a uva para obter mosto / Estrutura ou mecanismo para prensar as uvas
lambecricas: Home que anda sempre entre mulleres. Faldeiro
lambisqueiro: Persoa á que lle gustan as lambetadas ou andar a comer pouco e pouco
lampada: Aparello que serve de soporte para unha ou varias luces artificiais
lámpada: Aparello que soporta unha ou varias bombillas
langran: Que ten aversión polo traballo. lacazán / Dise da persoa moi alta e desproporcionada
lapa: Molusco gasterópodo dos patélidos (Patella vulgata), de cuncha cónica, que vive adherido ás rochas a flor de auga. Á Lepidochitona cinereus díselle peixeira. [Quitón gris]
lar: Na cociña rústica, onde se fai lume. Lareira
laranxeira: Naranjo, Citrus aurantium L
lareira: Na cociña rústica, onde se fai lume. Lar
lareta: Indiscreto que todo o divulga. Barallocas
lateral: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase deixando unicamente paso ó aire polos lados da boca
lateral: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase deixando unicamente paso ó aire polos lados da boca
lateralización: Circunstacia articulatoria que acontece cando un son se converte en lateral
lateralizar: Converter unha consoante en consoante lateral
latino: Dise de calquera aparello de forma triangular
latrina: Retrete, váter
lavadura: Restos de comida que non se aproveitan
lavalouza: Máquina automática para lavar a louza
lebracho: Cría da lebre (lebrato)
leirón: Mamífero roedor parecido ó rato pero máis grande. Dous deles: leirón careto (Eliomys quercinus); leirón cinsento (Glis glis). Sin. lirio
leitaruga: Cerraja, Sonchus oleraceus L
leite: Líquido branco que segregan as glándulas mamarias das femias dos mamíferos
leiterena: Lechetrezna (X. Euphorbia)
lenda: Relato de sucesos que tenen máis de fantástico que de histórico
lentella: Lenteja, Lens culinaris Medicus
leoa: Femia do mamífero carnívoro dos félidos (Panthera leo), de ata 1 m de alto e 2 de longo, que ten a cabeza grande, poutas moi fortes e pelaxe parda amarelada; o macho distínguese pola súas abundantes guedellas.
lesma: Molusco terrestre (xén. Limax), gasterópodo pulmonado, sen cuncha, de cor polo regular negra, que segrega abundante baba
lestedo: Lugar con alestaces
levantador: Persoa que levanta pesos
levedar: Fermentar
libramento: Mandato de pagamento por escrito
lígula: Apéndice de certas plantas, situado entre a lámina e a vaíña das follas. Permite distinguir uns cereais doutros
limia: Raza de vaca galega de tamaño grande, cor castaña co fuciño máis claro. Cornos en gancho máis curtos no macho e longos na femia. Orellas grandes e peludas. Atópase en Xinzo, Allariz,... Están censados 83 exemplares
limiar: Soleira da porta da casa
limpachemineas: Persoa encargada de limpar as chemineas
limpachemineas: Persoa encargada de limpar as chemineas
limpafontes: Tritón?, Nome de varios anfibios que viven en pantanos e estanques de montaña
limpaparabrisas: Aparello que serve para limpar o parabrisas da chuvia ou da neve
limpaparabrisas: Aparello que serve para limpar o parabrisas da chuvia ou da neve
lingual: Apical?
lique: -?
lirio: Peixe osteíctio dos gádidos (Galdus poutassou), de ata 90 cm de logo. Normalmente chámase así os que non esceden os 15 cm. [bacaladilla]
litoral: Costa dun mar, país, etc
litosfera: Conxunto das partes sólidas da codia terrestre
lixo: Refugallos, residuos
loendro: Adelfa, Nerium oleander L
lorcha: Nome de varias especies de peixes (maiormente o Gobius pagahellus), pequenos, alongados, de cor castana con manchas escuras, a cabeza deprimida con varias fileiras de dentes. Sin. lorcho. [gobio]
lord: Título nobiliario en Gran Bretaña
louza: conxunto de utensilios empregados para comer. Vaixela
lura: Molusco cefalópodo decápodo (Loligo vulgaris), co corpo en forma de saco e na cabeza unha coroa de oito lazos ou tentáculos, que ten ventosas na cara interna [calamar]
lurpio: (Ladrón, ladroa, ladra), estafador. Rapañeiro, raspiñeiro, raspuñeiro / Muller vella e fea: Bruxa, pandorca. / Voraz
luvas: Guantes
madama: Personaxe feminino típico do Entroido de Cangas e Vilaboa
magnetosfera: Zona da atmosfera en que se dan os fenómenos provocados polo campo magnético terrestre
malfalado: Bocapodre, persoa que di moitas groserías
malfeitor: Que cometeu ou comete actos criminais
malhumor: Mala disposición de ánimo, irritación ou enfado
malintencionado: Dise daquel que ten intencións ruíns
malintencionado: Dise daquel que ten intencións ruíns
malla: Acción e efecto de malla-los cereais ou calquera planta con grans ou froitos que deban desprenderse
malladoiro: Especie de mesa enreixada que se emprega para debulla-lo millo
malmandado: Desobediente
malmirado: Dise da persoa mal considerada
malnacido: Dise da persoa que é ruín de seu
malogrado: Aplícase a aquilo que se estraga eu daquel que norre novo
malparado: Dise de quen acaba sufrindo un prexuízo
malparir: Abortar
malpensado: Malicioso, malintencionado
malpocado: Xan, coitado, desgraciado
malpocado: Coitado, infeliz, desgraciado. Ñácaras
malpocado: Xan, coitado, desgraciado
malquerencia: Antipatía, animadversión
malquerencia: Antipatía, animadversión
malsán: Insalubre, prexudicial para a saúde
malsoante: Dise das palabras groseiras
malsoante: Dise das palabras groseiras
malte: Cebada xerminada e tostada, que se emprega na elaboración da cervexa
manga: Parte máis ancha ou anchura maior dun buque
maníaco-depresiva: Enfermidade mental en que se conxugan a depresión e as manías
manicurto: Individuo que ten as mans curtas
marcos: Pedras chantadas nas estrremas que delimitan as propiedades por medio dunha liña imaxinaria trazada entre elas. Sin. fito
marelo: Cando se formaban parellas de bois para o traballo, procurábase que un fose de cor máis clara có outro. ¿Ó de cor máis clara normalmente chamábaselle?
maremotriz: Dise da enerxía que se obtén ó aproveitar os movementos do mar
mareotérmica: Dise da enerxía que se obtén ó aproveitar a diferencia de temperatura existente entre as augas superficiais e as profundas
margarida: Planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca
mariguana: Marihuana, Cannabis indica
marmelada: Doce de froitas cocidas e mesturadas con azucre ou mel.
máscara: Carauta, careta
maseira: Pía de pedra ou madeira en que comen os porcos
mastalleiro: Que traballa sen esmero. Chafulleiro
mastiga: Parte e esmiuza ca dentadura os alimentos
mastro: Pau que soporta as velas
mazaroca: Espiga de millo
meco: Monicreque que se queima no entroido
meda: Conxunto grande de monllos de cereais que se colocan ordenadamente arredor dun pau, na eira onde despois serán mallados
mediocampista: Xogador que se desenvolve no medio do campo
mediocampista: Xogador que se desenvolve no medio do campo
mediodía: Acontece ás 12 horas do día
melgacho: Peixe dos escuálidos (Scyliorhinus canicula), de corpo cilíndrico, pel áspera e forte, sen escamas [pintarroja]
mesquiño: Persoa pouco xenerosa, pouco amiga de lles dar e/ou de lles deixar algo ós demais
metafonía: Abertura dunha vogal tónica medio pechada por influxo de -a final, ou pechazón dunha vogal medio aberta por influxo dun -o final
metátese: Cambio de posición. Afecta case sempre a unha consoante líquida vibrante ("perguntar - preguntar")
mexacán: Diente de león, Taraxacum offinale Weber
mexillón: Molusco lamelibranquio marino (Mytillus edulis), comestible, da familia mitílidos, con dúas valvas simétricas e abombadas, case triangulares, de cor negra azulada. Cultívase artificialmente nas bateas
migalla: Parte mol do pan. Sin. miga, rafa, miolo
mildeu: Fungo (Plamopara viticola) que ataca a plantas como son as patacas, as vides, etc
milhomes: Persoa fachendosa, farfantona, presuntuosa, vaidosa
milla: Dise da fariña obtida do millo
míllara: Ova. Conxunto dos ovos dalgúns peixes e crustáceos, envoltos nunha membrana (huevas)
mirar: Fixar a vista de forma intencionada sobre algo ou alguén
mistela: Viños doces que se obteñen paralizando a fermentación engadíndolle alcohol
meixela: Nenúfar (F. Nymphaeaceae)
mnemotécnico: Que auxilia a memoria
moble: Enseres móbiles das casas, como armarios, cadeiras,...
moble bar: Armario para gardar licores
moega: Última parte do estómago das aves. Moella (molleja)
mollado: Dise do son que se articula realizando un contacto relativamente amplo entre a lingua e o padal
monllo: Brazado de palla ou herba atado
monomorfémica: Palabra cun só morfema: "agora", "onte"
mosto: Zume da uva ou da mazá, antes de fermentar
mouras: ¿Ás vacas de cor negra sóeselles chamar?
movible: Que se pode mover
muíño: Máquinas ou instalacións para moer. Pode ser de río, de vento, de marea
mus: Xogode cartas de envite
nácara: Substancia branca irisada na capa interna da cuncha dos moluscos, constituída por conquiolina e carbonato cálcico. Sin. nácar, madreperla (nácar)
nasal: Dise do son que á hora de ser articulado se caracteriza por saír o aire total ou parcialmente polo nariz
nasal: Dise do son que á hora de ser articulado se caracteriza por saír o aire total ou parcialmente polo nariz
nasalización: Circunstacia articulatoria que acontece cando un son se converte en nasal
nasalizar: Converter en nasal un son
niño: Sitio abrigado ou leito feito de palla, barro e outros materiais que utilizan as aves para pone-los seus ovos (nido)
no: Lazo moi apertado que se fai nun fío
nobre: Quen posúe algún título ou quen non é vil
nobreza: Calidade de nobre
non-aliñados: Estados que optaron polo neutralismo fronte ós EEUU e a URSS
nu: Espido, sen roupa
nubrado: Dise do ceo toldado, anubrado
nubrar: Toldarse o ceo, anubrar
oblicuo: Nin vertical nin horizontal
oblongo: Dise daquilo máis longo ca largo
obriga: Acción e efecto de facer que outro realice algo
obrigar: Facer, mediante a autoridade, que outro realice algo
obrigatorio: Que é de necesario cumprimento
obsceno: Impúdico
observar: Analizar e examinaba con atención
oclusión: articular un son impedindo, nun primeiro momento e totalmente, a saída do aire. Tras da oclusión dáse a explosión
oclusivo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase impedindo, nun primeiro momento e totalmente, a saída do aire
oclusivo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase impedindo, nun primeiro momento e totalmente, a saída do aire
ola: Medida de capacidade para líquidos, especialmente para viño, que equivale a 16 litros
ola: Recipiente redondo máis fondo ca largo, que se usa para cocinar. Sin. pota
oliva: Aceituna
oliveira: Olivo, Olea europaea L
ollar: Botar unha ollada
ollomol: Peixe mariño dos acantopterixios (Pagellus centrodontus, Pagellus bogaraveo), con ollos grandes e carne branca moi estimada como alimento. [Besugo ]
omnívoro: Dise principalmente do animal que se alimenta de todo tipo de substancias orgánicas
oosfera: Célula feminina das fanerógamas
orella: Confeito con forma de pavillón auricular que se cociña no entroido
orizó: Lesión pequena inflamatoria, gran ou furuncho que aparece no bordo das pálpebras. Sin. orzón, tirizó (orzuelo)
orquestra: Conxunto de instrumentistas que interpretan unha obra musical
orxal: Plantación de cebada
orxo: Planta e semente dun cereal parecido ó trigo pero de semente máis alongada e puntiaguda. Sin. cebada
orza: Deriva, Peza que nun veleiro sae por aumentar a estabilidade
orzamento: Presuposto económico
orzar: Virar un barco para que navegue coa proa cara a onde vén o vento
ourego: Orégano, Origanum virens Hoffm. e Link
ouriceira: Lugar disposto para secar os ourizos
ourizo cacho: Mamífero co corpo cuberto de pugas, que se alimenta de ratos, caracois, escaravellos, etc. e vive oculto polo día
pacharán: Licor obtenido por maceración de cirolas en augardente anisada
padal: Parte superior e interior da boca (paladar)
padrasto: Esposo dunha muller, respecto dos fillos que ela tivo nunha unión anterior
pailan: Ignorante, inculto. / Apalermado, babeco, babiolo, badoco, lelo, marulo, paduán, paifoco, pailaroco, palabea, palurdo, pimpín, pipiolo, zopenco, zoquete
Pairar: Quedar case parada ou parar unha nave de vela no medio do mar
Pairar: Quedar case parada ou parar unha nave de vela no medio do mar
Pairo: Resultado de pairar
palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre
palatal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase en calquera punto do padal
palatal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase en calquera punto do padal
palatalización: Circunstacia articulatoria que acontece cando un son se converte en palatal
palatalizar: Converter en palatal un son
pallaso: Artista de circo que fai rir co seu traxe, ademáns e ditos
palleira: Sitio onde se garda a palla ou o feo, e tamén os apeiros, o carro, etc. Sin. pallal, pallar, palleiro
palleiro: Amoreamento de palla mallada ou herba seca, en forma de cono, feito polo regular na eira, arredor dun pau chantado no chan. Sin. meda
palpebra: Cada unha das membranas móbiles que cobren o globo ocular (párpado)
paneira: Cesta para o pan
pantalla: Carauta do entroido en Xinzo
pantoque: Zona, xunto á quilla, do casco dunha nave
panximicas: Persoa que anda con demasiados remilgos. caprichoso
pañol: Compartimento que serve como despensa
papanatas: Papaina, papaleisón, papamoscas, papón
papanatas: Papaina, papaleisón, papamoscas, papón
papo: Bolsa formada por unha dilatación do esófago, que posúen algunhas aves e insectos, onde se rebrandece o alimento antes de pasar ó estómago. Boche (buche)
paporrubio: Paxaro (Erithacus rubecula) verdoso e con gorxa e peito rubios
paporrubio: Paxaro (Erithacus rubecula) verdoso e con gorxa e peito rubios
Paquebote: Gran embarcación, trasatlántico
Paquebote: Gran embarcación, trasatlántico
parabrisas: Cristal protector dianteiro dos automíbiles
parabrisas: Cristal protector dianteiro dos automíbiles
parasintética: Palabra que se crea engadindo ó mesmo tempo un prefixo e un sufixo: a-noite-cer
parasito: Dise do animal ou planta que se alimenta a custa das substancias do organismo doutro ser, ó que lle pode provocar algún dano ou prexuízo máis ou menos grave, ou ó que lle pode transmitir determinadas enfermidades
parra: Vide; en xeral a que, ergueita artificialmente sobre un soporte horizontal, estende moito os seus bacelos
parreiro: Conxunto de parras sostidas cunha armazón
parva: Comida que se toma a media mañá unhas horas antes de xantar
pata de lobo: Pie de león Alchemilla vulgaris L
pau: Mastro
pebida: Semente dalgunhas froitas, como a uva
pebideiro: Semilleiro
pechar: Facer que se aproximen os órganos de fonación estreitando o paso do aire. Aplícase tamén ó fonema do que ese son é realización
pechazón: Aproximación con que os órganos de fonación estreitan ó paso do aire
pecíolo: Peciolo
pedral: Pedra atada a un cabo para que estea vertical na auga
pegada: Sinal, vestixio que deixa o pé no chan despois de pisalo (pisada)
peirao: Na beira do mar ou dun río, parte do porto que serve para que atraquen os barcos e que se facilite o embarque e desembarque de persoas ou mercadorías
peliqueiro: Máscara típica de Laza, aínda que tamén se dá en Castro Caldelas
pelotari: Xogador de pelota vasca
pelve: Cavidade ósea dos vertebrados, situada na parte inferior do tronco e formada polos ósos íleo, ísquion e pube, e na que se contenen a vexiga, o recto e unha parte do aparato xenital
penechaira: Rexión terrestre case plana, ou levemente inclinada, debida á erosión dunha rexión montañosa
penedía: Conxunto de penedos ou lugar onde abundan
peneira: Molusco mariño univalvo, en forma de orella, que ten cinco ou seis furados no bordo. Haliotis tuberculata. [oreja de mar]
penuxe: Pluma delgada e suave que tenen as aves debaixo da plumaxe exterior, ou a que cobre o seu peito (plumón)
peñor: Ben que se deixa en garantía para responder dunha débeda
percorrido: Espacio que se percorreu, percorre ou vai percorrer. Sin. itinerario, ruta, traxecto
pereira: Peral, Pyrus communis
pernada: Aparello para pescar ollomoles
perpiaño: Pedra de granito que vai dunha cara á outra dunha parede
persoeiro: Personaxe público relevante
pertega: Vara longa coa que se colle impulso para saltar / Proba que consiste en saltar por riba dun listón coa axuda dunha pértega
pés: Talos das plantas
pesadelo: Sono desagradable e angustioso
pescada: Peixe marino (Merlucius merlucius), de cabeza longa e chata, coa boca grande e os dentes moi agudos, que mide ata un metro de lonxitude e é moi apreciado pola súa carne [merluza]
pestana: Cada un dos pelos do bordo das pálpebras. Sin. perfeba (pestaña)
peteiro: Na cabeza das aves, parte dura formada por dúas pezas córneas, rematada en punta e que sae do sitio da boca. Sin. bico (pico)
pezuño: Pé, conxunto dos dedos cubertos e a una, nos animais de pata fendida (pezuña)
piar: Columna vertical que soporta peso dunha casa ou edificio
pías: Depósitos para recolle-la auga das fontes, mananciais,...
picafollas: Paxaro duns oito cm (Regulus ignicapullur), de cor verde, coas patas escuras
picho: Bico dun recipiente, en forma de canle, por onde verte o líquido
pingüín: Ave palmípede (Columbus arcticus), de ás moi curtas, que non pode voar, propia dos mares fríos
pingüín: Ave palmípede (Columbus arcticus), de ás moi curtas, que non pode voar, propia dos mares fríos
pintas: ¿As vacas brancas e negras sóeselles chamar?
Piñeiral: Pinar
piñeiro albar: Pino albar, Pinus sylvestris L
piñeiro bravo: Pino marítimo, Pinus pinaster Aiton
piñeiro manso: Pino piñonero, Pinus pinea L
piorneira: Piornal
piso piloto: Piso de mostra para realizar vendas de vivendas
pizza: Prato de comida de orixe italiana
placa: Lámina dun material pouco fexible. Prancha
placidez: Serenidade, tranquilidade
plácido: Apracible, calmo, sereno
planar: Alisar, achandar, achanzar, aplanar
plancto: Plancton
planear: Proxectar
plano: Chairo, chan
planta: Ser pertencente ó reino vexetal
plantar: Sementar
plebeo: Dise do pertencente ó vulgo
pleno: Cheo, repleto
pluma: Utensilio para escribir. Tamén pode cubrir o corpo das aves
plusmarca: Marca maior ou mellor
pneuma: Prefixo grego que significa aire
po: Partículas de terra seca que se elevan no aire. Sin. voaxa
podio: Plataforma con tres chanzos ou niveis a onde soben os tres primeiros clasificados dunha proba
pola: Rama
polbo: Molusco mariño, cefalópico dibranquial, octópodo (Octopus vulgaris), con oito tentáculos prensores (provistos de ventosas) e locomotores. É comestible e moi apreciado. Ó Eledone cirrosa díselle polbo cabezudo
polgar: Dedo primeiro e máis gordo das mans e dos pés. Sin. pop. cachapiollos, escachapiollos, gordo, matapiollos
polimorfémica: Palabra con máis de un morfema: "a-noite-cer"
político-administrativo: Dise do que é relativo tanto á política como á administración
pombal: Lugar onde aniñan, crían e se recollen as pombas domésticas
popa: Parte posterior dunha embarcación
porro: Planta herbácea, das liliáceas (Allium porrum), de bulbo alongado (comestible), follas carnosas e flores en umbela
porro: Puerro, Allium porrum L
portaavións: Buque de guerra con aeroporto
porteiro: Xogador que defende a meta
portelas: Aberturas pequenas nos costados dos barcos
postdorsal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase principalmente mediante o emprego da parte posterior do dorso da lingua
poste: Pau vertical da portería
postpalatal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase tocando a raíz da lingua co veo do padal
pouta: Pé dalgúns animais, con unas fortes, afiadas e curvas, coma o dos leóns, tigres, etc. Sin. gadoupa, garra (zarpa)
pouta: Pé dalgúns animais, con unas fortes, afiadas e curvas, coma o dos leóns, tigres, etc. Sin. gadoupa, garra (garra)
poxa: Sistema de venda pública en adxudican os bens ó mellor postor
poza: Concavidade, focha, etc. no terreo que se enche de auga cando chove, ou nas rochas da beira de mar, que quedan con auga ó baixar a marea
prace: Beneplácito
pracenteiro: Apracible, plácido
pracer: Ocasionar unha sensación agradable ou apracible
pradairo: Arce blanco, Acer pseudoplatanus L
pradería: Grande extensión de terreo que produce herba, dedicada a prado
praga: Calamidade grande: para persoas, animais ou plantas
praia: Areeira á beira do mar
praieiro: Relativo á praia
prancha: Lámina dun material pouco fexible. Placa
pranto: Lamentación con bágoas
prata: Metal precioso e branco con símbolo Ag
prateado: Asemellante á prata ou cunha capa exterior de prata
pratería: Obradoiro en que se compoñen e venden xoias ou doas de prata
prato: Recipiente baixo para colocar a cada persoa a comida que ha inxerir
prato: Recicpiente cóncavo para dispor a comida
praza: Espazo amplo rodeado de edificios nunha cidade
prazo: Tempo en que algo é realizable
prazo: Cada unha das partes que se ha de pagar dunha cantidade que se debe
preamar: Marea chea
precinta: Tira coa que se cobren as xunturas das táboas dos buques
predorsal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase principalmente mediante o emprego da parte anterior do dorso da lingua ou predorso lingual
predorso: Parte anterior do dorso da lingua
preeiros: Dise dos animais que se alimentan de prea (corpo morto en descomposición)
pregadura: Dobra en algo flexible
pregamento: Circunstancia que pode acontecer ó chocar fallas
pregar: Dobrar
preiteante: Litigante
preitear: Litigar
preito: Litixio
prepalatal: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase tocando o dorso da lingua coa parte anterior do padal
prestameiro: Beneficiario dun préstamo
prestamista: Quen dá cartos en préstamo
prezo: Valor en diñeiro dun obxecto ou servizo
primavera: Estación do ano previa ó verán
proa: Parte anterior dunha embarcación
problema: Dificultade
proeira: Dise da parte máis próxima á proa
prólogo: Primeira etapa ciclista dunha corrida de varios días
promoción: Torneo no que se disputa o ascenso ou descenso de categoría
prosma: Persoa lenta, pesada, tardona. Cachazudo, indolente, pachán, pachorrento
provedor: Quen prové do necesario para o mantemento dunha empresa. Persoa, entidade, empresa, etc. que prové do necesario a un particular ou a unha colectividade
psicópata: Individuo que padece un trastorno mental grave
pterodáctilo: Dinosauro voador
publicar: Editar unha obra
pueblo: Grupo de tribos amerindias (hopi, tano, zuni, etc.) do SO de EUA (Arizona e Novo México)
puga: Anaco novo dunha póla dunha árbore ou vide que se introduce noutra para facer un enxerto
pulso: Lugar onde se xuntan a man e o antebrazo
pulso: Lugar onde se xuntan a man e o antebrazo (muñeca)
puntal: Altura da embarcación dende o plano ata cuberta principal ou superior
puntear: Para aproveita-lo pouco vento, virar un barco para que navegue coa proa cara a onde vén o vento
puño: Vértice da vela
quebra: Situación dunha empresa cando non pode afrontar as súas débedas
queiroga: Brezo (X. Erica)
quenlla: Camiño estreito, esgrevio e pendente. / Peixe marino carnívoro e moi voraz, do que hai moitas especies como a Prionace glauca [tintoreta]
quenquera: Persoa indeterminada
quenzo: Lugar disposto para secar as castañas
quilla: Peza que vai de proa a popa pola parteinferior e que sostén a armazón do barco
quimera: Ser imaxinario con cabeza de león, corpo de cabra e cola de dragón
quina: Quino, Cinchona officinalis
ra: Anfibio anuro dos ránidos
rabada: Teleósteo da familia dos lófidos (Lophius piscatoris). Sin. peixe sapo [rape]
radas: Enseadas pequenas e abrigadas onde as naves poden estar ancoradas
raia: Nome xenérico de varios peixes dos ráiidos, co corpo esmagado e as aletas pectorais moi desenvoltas. A carne é comestible [raya]
rampla: Superficie inclinada de terreo. Sin. costa, pendente
rancor: Odio profundo, especialmente aquel que se garda oculto
randeeira: Aparello, normalmente con asento, pendurado dun lugar máis alto que permite balancear ou balancearse. Sin. bambán, bimbón
rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos
rapina: Ave de... Aquela ave que se alimenta do que caza: ratos, réptiles, outras aves
raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, renarte, zamurdo
raposo: Mamífero carnívoro dos dixitígrados (Vulpes vulpes), de cabeza aguzada, rabo longo e pelo suave. Sin. golpe
raspiñeiro: Dise do que rouba cousas
ravo: Rábano, Raphanus sativus L
raxo: Tentáculo do polbo
razzia: Incursión, con intención de saquear, en territorio inimigo
rebanda: Tallada delgada e uniforme de pan
rebenque: Cabo curto
recibo: Xustificante de pagamento
reciclar: Aproveitar algo para novo uso ou destino
recortando: Cortando o sobrante
recortar: Cortar o sobrante
recorte: Acción de recortar
recruta: Quen libre e voluntariamente se alista no exército
refacho: Golpe de vento brusco por mor de cambiar a dirección do vento
refén: Persoa retida en poder de alguén, especialmente do inimigo como garantía ou fianza
regato: Regueiro pequeno e de pouco caudal
reirrei: Xoaniña (Coccinella septempunctata)
relado: Pan, o que se emprega para rebozar
relanzo: Retención de auga corrente nun río. Sin. remanso, vaira
relax: Benestar
relaxado: Dise do son que é articulado con escasa tensión muscular
relaxar: Articular un son con escasa tensión muscular
reloxo: Serve para medir o tempo
relucente: Que reloce
remadoira: Peza que serve para suxeitar os remos
rendible: Dise daquilo queproduce beneficio
requeixo: Masa branca e manteigosa que se fai callando o leite e quitándolle o soro
reseso: Dise do pan ou biscoito que non é do día
resorte: Espiral, peza elástica, xeralmente de metal, que despois de dobrala, estirala ou comprimila pode recupera-la súa posición orixinal
restroballo: Rastrojo
ribeira: Franxa terrea ó lado dun río, lago ou mar
rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas
rigoroso: Dise de quen obra ou actúa de forma severa, sen benevolencia nin excepcións. Sin. estricto, ríxido, severo
ril: Órgano encargado de eliminar do sangue as substancias nocivas a través dos ourinos
rillote: Argalleiro, bribón, galopín, maroto, pícaro, pillabán, pillo, trangalleiro, traste, trasto, zaragalleiro
rizo: Anaco de cabo branco para recoller e tensar as velas
rochedo: Rocha escarpada, elevada e de gran volume
rolda: Cada serie de consumicións que toman distintas persoas reunidas en grupo
rolla: Anaco de cortiza, ou doutro material, para tapar un bocoi, unha botella
rolo: Berce que se pode abanear facilmente para acalenta-los nenos
romeu: Romero, Rosmarinus officinalis L
ronsel: Pegada de escuma que ó navegar deixan os barcos
rorella: Atrapamoscas (X. Drosera)
roseira brava: Rosal silvestre, Rosa canina L
rosmariñal: Plantación de romeros
rotacismo: Transformación do son s en r
rouca: Aplícase á voz ou son áspero, pouco claro e forte (fem.)
rubia: Nome que recibe a vaca do país, de pel fina e clara, de pelo curto con cor uniforme, e con zonas rosadas onde non ten pelo.
rubideira: Dise da planta que ascende agarrándose ás árbores, as paredes ou outros obxectos
ruda de cabra: Galega, Galega officinalis L Galega
ruminante: Suborde de mamíferos artiodáctilos herbívoros, cun estómago composto de catro cavidades (panza, barrete, libro e calleira), onde se completa a dixestión do alimento engulido sen mastigar
sabas: Pezas rectangulares de tea que se ponen na cama para coloca-lo corpo entre elas
sabedoria: Conecemento profundo dunha ou varias materias
sable: A cor negra dos brasóns heráldicos
saborosa: (feminino) Agradable ó sentido do gusto, ó padal, e con moito sabor. Sin. gustosa, sabedeira, sabedora
sabre: Arma branca precida á espada
sabugal: Lugar con saúcos
sabugueiriño: Yezgo, Sambucus ebulus L
sabugueiro: Saúco, Sambucus nigra L
salgueiriño: Salicaria, Lytrum salicaria L
salgueiro: Sauce (X. Salix)
sanguiño: Arraclán, Frangula alnus Miller
sapoconcho: Tartaruga
sarabia: Cae das nubes auga conxelada en forma de grans
saramago: Rabanillo, Raphanus raphanistrum L
se: Catedral
sebal: Fondo de algas
sebe: Valo feito con estacas, ramas, silvas e outros vexetais
seca: Falta de chuvias durante un tempo prolongado
seitura: Sega
semental: Dise do animal macho que se destina á reprodución
semiesfera: A metade dunha esfera
semivogal: vogal pechada, "i" ou "u", situada ó remate dun ditongo
sequeiro: Lugar disposto para secar algo
serodio: Que vén, sucede ou ocorre máis tarde do normal ou despois do momento preciso. Tardío
serviola: Pescante moi resistente situado preto da amura
sibilante: Dise do son fricativo que semella un asubío
silo: Subterráneo ou construción para almacenar e conservar produtos agrícolas, como grans, forraxes, pensos, etc
silva: Zarza, Rubus fruticosus L
simbiose: Asociación de dous ou máis organismos de especies distintas, que resulta beneficiosa para cada unha destas. Pode ser permanente ou temporal, e dáse entre vexetais, animais e microorganismos
sinalefa: Ligazón, por fonética sintáctica, da sílaba final dunha palabra e a primeira da seguinte. Os puntos de contacto entre sílabas son vogais
síncope: Supresión dunha vogal no medio dunha palabra
sobrado: Planta alta dunha casa / Piso de madeira dunha casa
sobrecuberta: Cuberta que está enriba da cuberta principal
sobreira: Alcornoque, Quercus suber L
socalco: Parede ou valo que contén a terra nivelada en bancal. Tenza de terra nivelada nunha encosta. Sin. bancal, bancada
soleira: Parte inferior do oco da porta ou da xanela
solla: Peixe comestible da familia pleuronéctidos (Platichthys flessus), que vive no Atlántico e no Mediterráneo. A súa carne é moi apreciada [platija]
sollado: Piso de madeira dunha casa. Sobrado
sollo: Peixe da mesma familia cós rodaballos (Acipenser sturio), semellante ó linguado, con escamas fortes e manchas amarelas no lombo [esturión]
sonorizar: Transformar unha consoante sonora en xorda
sonoro: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase facendo vibrar as cordas vocais
soprado: exhalación de aire que permite producir obxectos de vidro
sopradura: Acción e resultado de soprar
soprar: Expeler aire coa boca ou cun fol
soprete: Aparello que produce unha chama
sopro: Soprido
soprón: Chivato, delator
sorgo: Planta herbácea da familia gramíneas (Sorghum commuine, Andropogon saccharatus, e outras), de ata 3 m de alto, follas lanceoladas e planas, inflorescencia en espiga terminal e froito en cariópside.
soro: Parte líquida que queda dun líquido orgánico, como sangue, leite, etc., despois da súa coagulación
sortella: Anel que se leva como adorno nos dedos da man
soto: Andar subterráneo dunha casa ou edificio
souto: Bosque de castiñeiros
sprint: Esforzo máximo que realiza un corredor, especialmente dise do esforzo que se realiza ó final da carreira
strip-tease: Espectáculo erótico en que o artista se ispe
sublime: Supremo, excelso
subministración: Fornecemento, abastacemento
suplantar: Usurpar a personalidade doutro individuo
súplica: Acto ou resultado de suplicar
suplicar: Implorar, pregar
táboa: Peza de madeira plana sobre a que se cortan alimentos
tallo: Banqueta
talo: Órgano das plantas que serve de sostén ás follas, flores e froitos
tamborete: Peza que serve para empalmar dous mastros
taxa: Cantidade de dineiro que o cidadán lle debe pagar ó Estado ou a algún dos seus organismos pola prestación dun determinado servizo que recibe deles
tea: Calquera material obtido ó tecer
teixeira: Bosque de tejos
teixugo: Mamífero carnívoro de pel dura (Meles meles e outras esp.), pelo longo, patas curtas e unhas unas aptas para escavar. Vive en tobeiras profundas. De vida nocturna, é común en Europa. Sin. teixo, tourón, porco teixo
tella: Peza de arxila cocida para cubrr os tellados
temón: Aparello para gobernar as embarcacións
tensión muscular: Grao de enerxía que se emprega na pronuncia dun son
tesoira: Instrumento de corte formado por dúas follas de aceiro dun só fío, cruzadas e articuladas
test: Proba, ensaio
tifafonda: Arma que se fai xirar con forza para lanzar un proxectil
tilleira: Tilo (X. Tilia)
tiple: Mastro dunha soa peza
tirafondo: Parafuso para asegurar algo en madeira
tiraliñas: Instrumento de debuxo para trazar liñas
tiraliñas: Instrumento de debuxo para trazar liñas
tirapedras: Tiracroios, tiratacos
tirapedras: Tiracroios, tiratacos
tirarrollas: Aparello para tirarlle a rolla ás botellas
tirarrollas: Aparello para tirarlle a rolla ás botellas
tiro: Acción e efecto de lanza-la pelota ou balón con forza
titular: Xogador que, en certos deportes de equipo, sae xogando de cara ou de principio o partido
tixola: Utensilio de cocina metálico que se emprega para fritir
tobeira: Abertura tubular por onde entra o aire que se introduce nun forno
tobo: Buraco ou refuxio no interior da terra onde habitan ou se acobillan algúns animais, como son o coello, a raposa. Tobeira (madriguera)
tocadiscos: Aparello reproductor de discos
tocadiscos: Aparello reproductor de discos
tolete: Peza de madeira no bordo da embarcación para apoiar lo remo
tomiño: Tomillo (X. Thymus)
tona: Capa de graxa que se forma na superficie do leite
toniña: Mamífero mariño (Phocoena phocoena) parecido ó delfín (golfiño), que mide un metro e medio, é máis groso ca este e presenta un fociño máis curto. Sin. touliña. [marsopa]
torga: Calquera vara verde e flexible que se utiliza para atar
tornalumes: Parede grosa que divide un edificio para evitar que o lume se propague
torno: Billa que se mete no bocoi para que saia o viño
tose: Movemento ruidoso e convulsivo do aparato respiratorio do home e dalgúns animais, polo xeral para a expulsión da flegma que molesta
touro: Mamífero ruminante (Bos bovis), de cabeza armada con dous cornos, pel dura, pelo curto e rabo longo
touza: Monte de robles
trabe: Columnas horizontais nas cales se apoian pisos e teitos
trade: Ferramenta ou aparello usados para facer buratos: na madeira, na pedra, no ferro, etc.
transplantar: Trasladar plantas dun terreo a outro
trasatlántico: Barco de grandes dimensións destinado a facer unha travesía oceánica
traveseiro: Pau horizontal da portería
trevo: Trébol (X. Trifolium)
trevo acedo: Agrios, Oxalis pes-caprae L
tribuna: Lugar que ocupan os espectadores de preferencia, nos acontecementos deportivos
triga: Farina _____, obtida do trigo
trilo: Canto dos paxaros
trinquete: Pau de proa
triticale: Cereal híbrido obtido nos anos 50 a partir do cruce do trigo e do centeo
trófico: adx. Relativo á nutrición
trompada: Encontrón dunha nave contra outra ou contra algo
troposfera: Zona inferior da atmosfera
tse-tse: Mosca que produce a enfermidade do sono
ubre: Órgano mamario das femias dalgúns mamíferos, produtor de leite, a xeito de bolsa con varios tetos e situado entre as patas posteriores
ultracurto: Aplícase as ondas electromagnéticas de frecuencia moi alta
ungulado: Dise dos mamíferos que tenen pezunos ou cascos
urce: Urce, Erica arborea Uz,
uvular: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase coa intervención da úvula
uvular: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase coa intervención da úvula
vacaloura: Escornabois (Lucanus cervus)
vacaloura: Escornabois
vacina: Cultivo microbiano que se inocula no organismo para inmunizar contra unha enfermidade (vacuna)
vacúa: Relativo ó gando bovino (feminino)
vagalume: Insecto. A femia despide luz fosforescente
vaíña: Vaina de ciertas legumbres
vaixela: Louza
valado: Muro non moi alto, polo regular de terra e pedra, arredor dun terreo para cerralo, cercalo ou delimitalo. Sin. valo
varanda: Reixa ou balaústre que protexe de caer dun balcón
varenga: Peza curva que se coloca atravesada sobre a quilla e forma a base da caderna
varra: Limpe o lixo, un lugar ou algo ca vasoira
vasoira: Úsase para varrer
váter: Retrete, latrina
velar: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase grazas á aproximación ou contacto do dorso da lingua e o veo do padal
velar: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase grazas á aproximación ou contacto do dorso da lingua e o veo do padal
velarizar: Converter en velar un son
vendima: Recolección e colleita da uva
vendimador: Persoa que traballa na recolección das uvas, na vendima
vendimo: Cesto de madeira, estreito e alto, para carrexa-las uvas na vendima
ver: Percibir polos ollos os obxectos mediante a acción da luz
verea: Camino angosto formado polo paso de peóns e gandos. Sin. carreiro, senda, vieiro
verga: Peza con gancho á cal se asegura o grátil dunha vela
verme: Animal invertebrado de corpo alongado, sen extremidades articuladas, brando e contráctil. Sin. bechoco, coco, ronco (gusano)
vermello: Cando se formaban parellas de bois para o traballo, procurábase que un fose de cor máis clara có outro. ¿Ó de cor máis escura normalmente chamábaselle?
verniza: Dálle verniz a unha superficie
vertedoiro: Pía das cocinas para fregar a louza
vesgo: Que ten a vista torta. Birollo
vianesa: Raza de vaca galega, de cor castaña, case negra nos machos, co fuciño claro. A cabeza é pequena, cos cornos en gancho. Moi adaptada á montaña. Atópase en Viana do Bolo, A Veiga,... Atópanse censados 275 exemplares
vibrante: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase cun rápido e máis ou menos repetido contacto oclusivo
vibrante: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase cun rápido e máis ou menos repetido contacto oclusivo
vichelocrego: Ouriolo
vide: Planta rubideira das vitáceas (Vitis vinifera), de tronco retorto, longos bacelos, follas partidas en cinco lóbulos e flores verdosas en acio, que dá como froito a uva
Vide: Vid, Vitis vinifera
Vimbieira: Salguera blanca, Salix viminalis L
Vimbio: Mimbre
vinga: Causa mal a alguén para reparar un agravio ou dano recibidos
viñateiras: Cada unha das dúas xerrinas coas que se serven na misa o viño e maila auga
viñateiro: Persoa que se dedica á produción e venda de viño
viñedo: Campo plantado de vides
virachaquetas: Dise da persoa que muda frecuentemente de opinión ou posición
virachaquetas: Dise da persoa que muda frecuentemente de opinión ou posición
virar: Cambiar o rumbo
visgo: Muérdago, Viscum album L
viticultura: Arte e ciencia de cultiva-las vides
vivíparo: Dise do animal das especies en que a femia pare fetos ben desenvolvidos, coma no caso dos mamíferos
vocalización: Acción e resultado de converter unha consoante en vogal
vocalizar: Converter unha consoante en vogal
voitre: Nome común de diversas aves rapaces e/ou preeiras de gran tamano, sen plumas na cabeza e pescozo; este adoita ser alongado, e as ás poden ter ata 2 m de envergadura
wáter-polo: Deporte acuático de balón entre dous equipos de sete xogadores
windsurf: Deporte náutico
xabaril: Mamífero artiodáctilo dos suídos (Sus scrofa), de cabeza aguda, co focino prolongado e grandes cabeiros aguzados; a pelaxe é gris, con sedas fortes. Sin. porco bravo, xabarín.
xantar: Comida do mediodía.
xarda: Peixe teleósteo marino dos acantopterixios (Scomber scombrus), de cor azul e verde con raias negras no lombo. Sin. cabala, rincha [Caballa]
xarope: Substancia que se obtén por cocción de varias froitas
xemelgo: Cada un dos seres nacidos nun mesmo parto
xene: Cada un dos elementos que tenen os cromosomas e que determinan os caracteres hereditarios en virus, bacterias, plantas e animais (gen)
xeotérmica: Enerxía que se obtén ó aproveitar a calor do interior da terra
xerfa: Escuma formada na superficie do mar por mor das ondas que baten
xerra: Vasilla cunha asa ou dúas para servir líquidos
xerro: Xerra cuna soa asa
xiba: Molusco cefalópodo dos sépidos (Sepia officinalis), duns 30 cm de longo, con cuncha e tentáculos. Abunda nos mares temperados, é comestible. Sin. choco, chopo, sepia. [Jibia]
xilbarda: Rusco, Ruscus aculeatus L
xordo: Dise do son e do fonema cuxa realización habitual articúlase sen facer vibrar as cordas vocais
xordomudo: Individuo que non oe nin fala
xordomudo: Individuo que non oe nin fala
xouba: Pequena sardiña. Sin. parrocha [sardina]
xunca: Junco (X. Juncus)
xuro: Renda que produce un capital
xute: Yute, Corchorus capsularis
xuvenca: Vaca nova
zamarra: chaqueta de pel coa súa la e pelo
zamborca: Peixe osteíctio da familia clupeidos (Alosa alosa), de corpo comprimido, verde azulado con flancos prateados, parecido ó arenque [sábalo]
zapón: Abertura nunha nave que comunica o nivel superior co inferior
zopo: Persoa que ten os pes metidos para dentro. Zancaxoso. O contrario é canchés
zunado: Zaino. Falso, traicioeiro, traidor, xudas, zuíño
zurrón: Bolsa grande de pelica que levan os pastores