polbo
Galego
- Etimoloxía: do latín polypus, e este do grego antigo πολύ-πους (de moitos pés, como adxetivo, e polbo, como substantivo masculino).
- Pronuncia: [ˈpɔl.β̞ʊ] (AFI)
polbo (sg: polbo; pl: polbos)
- (Zooloxía, alimentación) Molusco cefalópodo octópodo, Octopus vulgaris Cuvier, da familia dos octopódidos, caracterizado pola súa masa visceral globosa, recuberta polo manto (coñecida popularmente como "cabeza"), da que saen oito grandes tentáculos ("patas", "brazos" ou raxos) con dúas ringleiras de ventosas; de tamaño grande (a "cabeza" mide até o 25 cm de lonxitude, e os "brazos" até 1 m, acadando os adultos até os 8 kg de peso); habita en todos os mares e abunda no Atlántico oriental, desde a costa sur de Inglaterra até o Senegal, así como nos Azores, Canarias e Cabo Verde. Comestíbel, a súa carne é moi apreciada, especialmente en Galicia, onde constitúe un dos seus "pratos nacionais".
- (Zooloxía, alimentación) Por extensión, nome que se lles dá a calquera dos membros da familia dos octopódidos, que agrupa a maior parte das especies da orde dos octópodos. Entre eles podemos citar, por estar presente nas augas galegas, a Eledone cirrhosa (Lamarck), o polbo branco ou cabezudo.
Termos relacionados
Traducións
- Castelán: pulpo (es).
- Francés: poulpe (fr), pieuvre (fr).
- Inglés: octopus (en)
- Navajo: łóóʼ bigaan tseebíí (nv)
- Portugués: polvo (pt)
- Africáner: agtarm (af)
- Ajië: yaaru (aji)
- Alemán: Polyp (de)
- Aragonés: pulpo (an)
- Azarí: osminoq (az)
- Vasco: olagarro (eu)
- Bretón: soavenn (br)
- Catalán: polp (ca), pop (ca)
- Chamorro: gamson (ch)
- Chinés: 章鱼 (zh) (zhāngyú)
- Coreano: 낙지 (ko) (nakji)
- Córnico: collel-lésa (kw)
- Corso: polpu (co)
- Croata: oktopod (hr), hobotnica (hr)
- Danés: blæksprutte (da)
- Drehu: utr (dhv)
- Esperanto: polpo (eo)
- Feroés: høgguslokkur (fo)
- Finés: mustekala (fi)
- Grego: χταπόδι (el)
- Hebreo: תמנון (he)
- Húngaro: polip (hu)
- Ido: polpo (io)
- Indonesio: gurita (id)
- Irlandés: ochtapas (ga)
- Italiano: polpo (it)
- Casaco: сегізаяқ (kk) (segizayaq)
- Kurdo: axtapot (ku)
- Lituano: aštuonkojai (lt)
- Neerlandés: octopus (nl)
- Occitano: pofre (oc)
- Osetio: асткъахыг (os) (astkʺahyg)
- Polaco: ośmiornica (pl)
- Romanés: caracatiță (ro)
- Ruso: осьминог (ru)
- Serbio: октопод (sr) (oktopod), хоботница (sr) (hobotnica)
- Siciliano: purpu (scn)
- Sueco: bläckfisk (sv)
- Tagalo: pugíta (tl)
- Támil: ஒக்டோபஸ் (ta) (okṭōpas)
- Tok pisin: kurita (tpi), urita (tpi)
- Tongano: feke (to)
- Turco: ahtapot (tr)
- Vietnamita: bạch tuộc (vi)
- Xaponés: 蛸 (ja) (タコ, たこ, tako)