cunca
Galego
cunca (sg: cunca; pl: cuncas)
- Vasilla cóncava empregada para beber líquidos, frecuentemente viño, caldo ou leite.
- Exemplo: Cunca de moitos, ben lambida e mal lavada.
- Exemplo: Cunca de moitos, ben lambida e mal lavada.
- Cantidade de líquido que ten cabida nesa vasilla.
- Exemplo: ¿Non queres caldo, ¡pois sete cuncas!
- Exemplo: ¿Non queres caldo, ¡pois sete cuncas!
- Medida tradicional de superficie, de dimensións variables segundo as zonas.
- Exemplo: Só tiña catro cuncas, pero resultaban suficientes.
- Exemplo: Só tiña catro cuncas, pero resultaban suficientes.
- Medida tradicional capacidade para grans, legumes etc, de dimensións variables segundo as zonas.
- Exemplo: No mercado, as fabas ían a dúas pesetas a cunca.
- Exemplo: No mercado, as fabas ían a dúas pesetas a cunca.
- Cavidade anatómica que acolle cada un dos ollos.
- Sinónimos: conca.
- (Xeoloxía) Filón ou grupo de filóns extensos explotados por diversas minas que constitúen unha unidade xeolóxica e e xeográfica.
- Sinónimos: conca.
- (Hidroloxía) Conxunto de espazos e territorios, normalmente vales, drenados por un río e tódolos seus afluentes.
- (Hidroloxía) Parte alta do curso dun río, de forma máis ou menos triangular, que reúne as augas mediante unha malla de sucos e regos converxentes.