cinta
Galego
- Pronuncia: /'θiŋ.ta̯/ ou /'siŋ.ta̯/ (AFI)
cinta (sg: cinta; pl: cintas)
- Tira longa, estreita e plana de tea ou doutro material de propiedades semellantes que serve para cinguir, atar, prender ou adornar.
- Exemplo: A nena levaba unha cinta azul na cabeza.
- Exemplo: A nena levaba unha cinta azul na cabeza.
- Tira de papel, celuloide, plástico ou outro material flexíbel.
- Exemplo: Cinta adhesiva.
- Exemplo: Cinta adhesiva.
- Tira impregnada de tinta que grava no papel os signos dunha máquina de escribir.
- Calquera estrutura longa e estreita.
- Exemplo: Cinta magnética.
- Exemplo: Cinta magnética.
- Conxunto de táboas que van por fóra do costado dun buque, desde a proa á popa, que serve de reforzo por encima da liña de flotación.
- (Arquitectura) Adorno a maneira de tira estreita que se prega en diferentes formas.
- (Botánica) Alga parda (Himanthalia elongata) orixinaria do Océano Atlántico, con talo en forma de cinta estreita e alongada de até 3 m de lonxitude, que é comestíbel.
- Exemplo: A cinta é coñecida e co nome de "espaguetes de mar".
- Exemplo: A cinta é coñecida e co nome de "espaguetes de mar".
- (Deportes) En ximnasia rítmica, aparato para facer exercicios consistente nunha cinta longa unida a un pau pequeno.
- (Deportes) Modalidade de ximnasia rítmica que se practica con cinta.
Observacións
Termos relacionados
cinta adhesiva, cinta cinematográfica, cinta de correr, cinta illante, cinta magnética, cinta magnetofónica, cinta métrica, cinta transportadora, danza de cintas.