rolda
Galego
- Pronuncia: [ˈrɔl.dɐ] (AFI)
rolda (sg: rolda; pl: roldas)
- Percorrido que se realiza por un lugar co fin de vixiar algo.
- Persoas que fan ese percorrido.
- Percorrido que fan os mozos para atoparse coas mozas.
- Orde ou momento que se establece entre un grupo de xente para realizar algo, como por exemplo para pagar as bebidas.
- Tempo en que lle corresponde a unha persoa algo de acordo cunha repartición previa.
Termos relacionados
Traducións
rolda
- (Mitoloxía) Grupo de ánimas dos mortos que, segundo a mitoloxía galega, sae ós camiños polas noites a anuncia-la próxima morte dalgún veciño.
- Observacións: Vexa o artigo «Santa Compaña» na Galipedia.
- Sinónimos: compaña, compañía, da noite, estadea, estantiga, hoste, procesión das ánimas, ronda, Santa Compaña, visita.