Galego

  •   Pronuncia: /ˈdo.bre̯/ (AFI)

  Adxectivo

dobre (sg: dobre; pl: dobres)

  1. Que é dúas veces maior, ou cousa que contén algo dúas veces maior ca outra.
    • Exemplo: No novo emprego gaña un soldo case o dobre ca no anterior. Pediu un whisky dobre. Dobre curiosidade. Tivo que facer un esforzo dobre.

  2. Que está formado por dous elementos iguais, que contén dúas veces unha cousa.
    • Exemplo: As ventás da miña casa levan dobre cristal para aforrar enerxía e non escoitar ruídos

      .
  3. Dito dunha flor, que ten máis follas ou pétalos que a simple.
    • Exemplo: Caravel dobre.

  4. Dito dunha ficha de dominó, que ten igual número de puntos nas dúas metades do seu anverso.
    • Exemplo: O catro dobre. A branca dobre. Pechou a partida cun seis dobre.

  5. (Figurado) Que ten dous aspectos dos que se amosa un.
    • Exemplo: Leva unha dobre vida, vive con dúas mulleres en cadansúas casaas. Ten dobre personalidade: de día é moi formal, de noite un festeiro.

  Substantivo

dobre (sg: dobre; pl: dobres)

  1. Persoa que substitúe a outra, especialmente no cine na rodaxe de escenas perigosas.
    • Exemplo: É un actor moi completo, nunca traballa con dobres.

  2. Persoa que se semella moito a outra na súa aparencia física.
    • Exemplo: Particupou nun concurso de dobres.

  Substantivo masculino

  1. Cantidade que vale a dúas veces outra.
    • Exemplo: Dez é o dobre de cinco. Ten o dobre de anos ca min.

  2. (Literatura) Repetición dunha palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos dentro da mesma estrofa dun poema ou da letra dunha canción.
    • Exemplo: O dobre non é un procedemento exclusivo da lírica galego-portuguesa, tamén o utilizaron os trobadores provenzais e os poetas casteláns do século XV.

  Substantivo masculino plural

dobres

  1. (Deportes) Modalidade do tenis e doutros deportes nos que compiten catro xogadores, facendo parellas, unha por cada equipo.
    • Exemplo: As parellas dobres poden ser de dous homes, dúas mulleres ou mixtas.

  2. (Deportes) No baloncesto, falta que comete un xogador cando bota o balón coas dúas mans ou, tras telo botado e recuperado, bótao de novo.
    • Exemplo: O pivote fixo unha dobres.